Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Xogos Populares no IES 6º 15/03

O vindeiro venres 15 de marzo, se o tempo o permite, o alumnado de 6º de E.P. ten unha cita no IES de Chapela.

Ao longo da mañá participarán nunha xornada de convivencia con alumnado deste centro de secundaria e con outros rapaces e rapazas de 6º de primaria do CEIP de Igrexa-Chapela e do CEIP Alexandre Bóveda. Coa finalidade de seguir coñecendo as instalación que o próximo curso os acollerá así como a futuros compañeiros e profesores, pasarán unha divertida mañá na que os xogos populares e tradicionais serán os outros protagonista.