Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Obradoiro Familias: "Proxecto de Igualdade en centro educativos"

Os alumnos/as de 1º e 4º de Educación Primaria están a participar no "Proxecto de Igualdade en centro educativos" promovido polo departamento de Servizos Sociais e Comunitario do Concello de Redondela. A proposta, que conta cunha duración de 10 horas está implementada pola Asociación Érguete e mantén o foco en garantir a diversidade, a igualdade e identidade de xénero na propia comunidade educativa.

Coa finalidade de coñecer as conclusións da implementación do programa; así como, intercambiar impresións e solventar dúbidas, ás familias de 1º+4º están convidadas a asistir a unha pequena charla da man das expertas da Fundación Érguete que previamente traballaron co alumnado.

A sesión terá lugar o vindeiro martes 26 de febreiro ás 16:30 horas na aula de 1º e 4º de Educación Primaria.