Saída Museo Pontevedra 05/02 (3+4anos)

O vindeiro venres 8 de febreiro, o alumnado de 3 e 4 anos, visitará o Museo de Pontevedra para participar no programa educativo: pensArte.

Ao longo da visita, os nenos e nenas realizarán unha serie de actividades a partir da observación directa dunha selección de obras de arte contemporánea para traballar aspectos tan diversos como: a expresión das emocións a través das cores, as formas xeométricas, o espazo, o desenvolvemento da imaxinación e a exposición oral das ideas.