Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Visita e obradoiro no centro de inclusión Teis 6EP 05/12

 

Como xa sabedes, o pasado 25 de novembro, co gallo do Día Mundial das persoas sen fogar, visitaron o noso centro usuarios e traballadores do Centro de Inclusión HMDLEP de Teis. Con eles levamos a cabo diferentes dinámicas de concienciación con dita problemática e invitáronnos a coñecer as súas instalación e participar nunca xornada de convivencias cos seus usuarios. Así, o vindeiro mércores 5 de decembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria achegarase as dependencias do albergue dos HMDLEP de Teis para participar neste intercambio. Como actividade principal, o noso alumnado axudará os usuarios do albergue a ambientar o centro cos motivos e adornos de Nadal que uns e outros elaboraron con toda a ilusión nos días previos. Unha xornada de intercambio, sen dúbida, do máis interesante e enriquecedora