Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

blogue deSecretaria

Programa Municipal de Conciliación Verán con SIMONA 2016

O luns 30 de maio abrirase o prazo para entregar a documentación do Programa Municipal de Conciliación- VERÁN CON SIMONA, que se desenvolverá durante o mes de xullo, do 1 ao 29 en horario de 09:30 a 13:30.

Saída Científica Río Alvedosa (4º,5º e 6º) 31/05

Saída Achegamento ao Judo (31/05) 3º EP

O vindeiro martes, 31 de maio, o alumnado de 3º de Educación Primaria, ten programada unha saída didáctica ao Pavillón Deportivo de Redondela para sistir a unhas xornadas de achegamento á discicplina deportiva de judo.

Trátase dunha proposta lúdica para que os nenos e nenas tomen contacto cun deporte pouco coñecido pero que pode aportar innumerables beneficios ao seu desenvolvemento.

Axudas para o Alumnado de Educ. Infantil (2016-2017)

 

Convocatoria para a concesión de axudas para a adquisición de libros e material escolar para alumnado de 3 a 5 anos empadroados en Redondela para o curso 2016-2017

a) Ser pai/nai/titor ou titora legal do alumnado matriculado en educación infantil (segunda etapa), nun dos centros públicos de Redondela durante o curso escolar 2016/2017.

b) Estar empradronado no municipio de Redondela.

ANPA: Menú Xuño

Saída Teatro Infantil (27/05) Educ. Infantil+1º

Unha vez máis contamos coa colaboración do alumnado do ciclo de Ed. Infantil do IES de Chapela. Esta vez convídannos ao estreo da representación de teatro infantil na que están a traballar. Nela achéganse ao mundo dos nenos contando lembranzas propias da infancia, anécdotas e historias das que eles mesmos son protagonistas.

Obradoiro de Pizzas Saudables (27/05) 3º+6º

O vindeiro venres 27 de maio, o alumnado de 3º e 6º de Educación Primaria ten programada unha saída didáctica a Vigo para participar nun obradoiro de cociña no que aprenderán a elaborar pizzas caseiras. Ao remate da mesma degustarán as súas propias elaboracións polo que non é preciso que leven a merenda de media mañá.

ANPA: Festivales de Fin de Curso

Queridas Familias: O vindeiro dia 14 de Xuño celebraremos a reunión Ordinaria da ANPA as 19 h. Cos seguintes puntos a tratar:

  • Lectura e aprobación da acta anterior.
  • Lectura do estado de contas.
  • Proposta Maratón
  • Rogos e preguntas.

Pregamos fagan os pedidos de chándal para o ano que ven antes da finalización deste curso.

Unha Aventura no Mar (1º+5/4 anos Educ. Infantil) 25/05

Mañán, mércores 25 de maio, o alumnado de 1º de Educación Primaria e 5º e 6º de Educación Infantil, asistirá a unha interesante saída didáctica enmarcada dentro do programa “O sabor da aventura está no mar”. A programación da mesma é a seguinte:

 

Distribuir contido