Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

blogue deSecretaria

ANPA: Comedor Menú Outubro

Cambio Data Reunión Familias 5º+6º 08/10 16:30

Por motivos duns cambios das autorizacións de EDIXGAL, cambiamos as datas da xuntanza coas Familias de 5º e 6º do 1 de Outubro ao 8 de Outubro ás 16:30 pm. 

Un saúdo.

Concurso Carteis "Enchoupate coa Lectura"

Estimadas familias, o día 24 de outubro celebraremos o Día das Bibliotecas Escolares e inauguraremos a nosa biblioteca. Neste día tan especial queremos facervos partícipes elaborando un traballo que servirá para introducir o tema do noso proxecto documental deste ano: H2OooH.

Por iso, León faivos a seguinte proposta:

26 Setembro Día Europeo das Linguas.

Hoxe, 26 de setembro, conmemorase o Día europeo das Linguas. Para celebralo, o alumnado de Educación Primaria interpretará en lingua francesa, a canción "Pour chanter l'eau" do coro infantil Les Enfantastiques.

Auxiliar de Conversa en Francés: Jeanne Sapin

Obradoiro de Maxia de 4 a 4 con Pedro Bugarin. 5º+6º EP 27/09

O vindeiro venres 27 de setembro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria, asistirá á Biblioteca Municipal de Chapela para asistir ao espectáculo: “Maxia catro a catro” da man do mago Pedro Bugarín. A saída do centro farase ás 11:30 horas e o regreso ao mesmo arredor das 13:30 horas.

Entrevista con: Digna Rivas 1ª Alcaldesa de Redondela. Muller e postos de responsabilidade. 5ºEP 17/09

Mañá teremos a visita no centro da 1ª e actual alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, para facer entrega das Axendas Escolares 2019-2020 e pasar o "tercer grao de entrevista" do noso alumnado de 5º de Educ. Primaria, nervioso, preparado e entusiasmado a partes iguais...pola súa primeira entrevista deste ano a persoeiros da nosa localidade.

Reunión Familias Inicio Curso 2019-2020

Achegamos a relación de reunións de inicio de curso 2019-2020

Distribuir contido