Blogues

Pleno Infantil Concello Redondela 5ºEP (19/04)

O vindeiro xoves 19 de abril, o alumnado de 5º de Educación Primaria asistirá ó Multiusos de Redondela a unha nova sesión do Pleno Infantil das Cidades Amigas da Infancia no que participarán xunto a outros centros educativos da vila.

Mañá Sábado ás 17h Obradoiro no cole de ARTELIXO!!! Ven a artelixar!!!!

Mañá Sábado tes unha cita no cole ás 17h inaugúrase ARTELIXO 2018, e o alumnado do centro ten acceso prioritario :). 

  • Obradoiro de Cabezudos
  • Visita de Anxo Fariña
  • Animación Musical
  • Espectáculos

Vente e desfruta con Millo Verde e Arte Lixo!!!!!

I Feira do Libro 2018

Tras unha semana de encontros literarios no centro, xa temos todo organizado para unha semana moi literaria, con moitos segredos e sorpresas:

Concerto Didáctico + Exposición 3º+4º (10/04)

Mañá, 11 de abril, o alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, asistirán ao Teatro García Barbón de Vigo para asistir a un concerto didáctico que leva por título "Na percura do tesouro". Ao remate da actividade, visitaremos a exposición "Astro rei: o Sol", nas instalacións anexas de. Naturnova.

Xa temos os semifinalistas do noso Campionato Laredroids 2018!!!

Dos 54 proxectos presentados ao noso Campionato Laredroids e despois de moito decidir polo noso grupo de expertos xa temos fallo do xurado!!

Encontro de Autor: Ledicia Costas 5º EP (10/04)

O vindeiro Martes 10 de Abril teremos a oportunidade de contarcon outras das nosas senlleiras da literatura no centro, Ledicia Costas , para falarnos das súas obras e comentar a súa obra e asinar libros. 
Un luxo co que poderán disfrutar en pequeno grupo o alumnado de 5º EP.

Encontro de Autor: María Canosa 1º+2º EP (06/04)

Mañá teremos a sorte de ter no centro a María Canosa, senlleira da literatura infanto-xuvenil.

Distribuir contido