Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

Reunións Familias Inicio Curso 2016-2017 (20 e 27/09)

 

Datas

  • 20 Setembro: Educ Infantil 4-5 anos (16:00 h) 1º+2º Primaria (17:30 h)
  • 27 Setembro: 3º+4º Primaria (16:00 h) 5º+6º Primaria (17:30 h)

Organización

Realizarase en dúas partes:

Altas Alerta Escolar (12-16/09)

Alerta Escolar é un conxunto organizado de accións administrativas, informativas e operativas que pretende achegar unha atención sanitaria inmediata e eficaz a todos os nenos escolarizados de entre 0-16 anos, que padecen patoloxías crónicas susceptibles de descompensación con compromiso vital:

Permisos, actualización de datos e cambio de optativa para o curso 2016-2017

Ábrese o prazo normativo de 5 días (12-16 de setembro) para: 

Bolas MEC para alumnado con NEAE (2016-2017)

Infórmase a todas as persoas interesadas en solicitar a beca do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte para alumnado con N.E.A.E (Necesidades Educativas Apoio Específico) que o prazo remata o vindeiro 29 de setembro. Adxúntanse os documentos referidos á normativa e á solicitude. Para calquera consulta ou petición de información achegarse ao centro.

Cambio de optativa (Valores - Relixión)

Como todos os anos na primeira semana de curso pasarase unha circular de actualización de datos do alumnado-familias na cal poderase formalizar o posible cambio de optativa (Relixión-Valores; Valores-Relixión) para o vindeiro curso 2016-2017. 

Lembramos que Francés e Inglés non son de libre elección, ambalas dúas son materias obrigatorias no centro: Inglés (Educ. Infantil+ Educ. Primaria) Francés (4º+5º+6º)

Relación provisional do claustro 2016-2017

Ver relación provisional do claustro, susceptible a modificacións na primeira semana de setembro.

 

Obras no centro

Por motivos alleos ao centro adíase a obra proxectada no mesmo para o 10 de setembro de 2016. 

Chegado o momento informarase as familias das medidas provisionais a ter en conta para entradas e saídas.

 

 

 

Francés obrigatorio en 4º-5º-6º

 

A diversificación do ensino das linguas estranxeiras en idades temperás é unha necesidade no noso marco socio-cultural actual.

De aí que o compromiso do centro nos vindeiros dous anos sexa o de aumentar o número de horas en inglés e asentar as bases da lingua e cultura francesa, convertindo ao centro nun verdadeiro centro plurilingüe.

Toda a información do curso 2016-2017

Tedes a vosa disposición toda a información actualizada para comezos do curso 2016-2017 en: 

http://novocurso.ceipdelaredo.com

Tamén dispoñible na actualización da APP do Centro no Google Play.

Distribuir contido