Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

Escola de Pais: Ciberseguridade

 

Hoxe de 17:30 a 18:30 Mercedes, policia nacional do corpo de seguridade na rede e participación cidadá, realizou unha charla moi interesante hoxe ás familias do centro na que puxo en evidencia os perigos da rede en idades temperás. 

Obradoiro Perigos Na rede Policia Nacional 5º+6º+Familias (25/26/03)

O vindeiro luns 25 de marzo o alumnado de 5º e 6º de Ed. Primaria participarán nunha sesión do Plan Director, impulsado dende o Ministerio do Interior e o Ministerio de Educación.

A sesión céntrase nunha charla informativa na que dan man de profesionais do corpo da Policía, abordaranse os riscos asociados a utilización da internet e as novas tecnoloxías.

Obradoiro Literario Ledicia Costas 5º+6º (26/03)

O vindeiro martes 26 de marzo, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria contará cunha visita do máis especial: a escritora Ledicia Costas.

Saída Monte Vixiador EI+1º (26/03)

O vindeiro martes 26 marzo, o alumnado de 1º E.P e de Ed. Infantil, acudirán ao monte Vixiador para participar nunha actividade de coñecemento do noso entorno mais próximo da man da nai dos nosos compañeiros Telmo e Roque (inxeniera forestal).

MATRICULA 2019-2020: Preadmitidos/as

Achegamos listaxe de preadmitidos/as só a título informativo: 

Ver pdf

Suspendese a actividade PROA (Xoves 14 - Venres 15)

Por motivos persoais do docente suspéndense as actividades de PROA para os días 14 e 15 de marzo.

Exposición Chapas "Día do Pai" Asoc. Empresarios Redondela

Informámosvos que desde hoxe xa están expostas as chapas dos alumnos do Ceip de Laredo nos seguintes establecementos de Chapela:

  • Kiosko Chapela
  • I Love Euro
  • Frutas Gómez
  • Restaurante Mil Mares
  • Muebles Álvarez
  • Floristería Arealonga

Xogos Populares no IES 6º 15/03

O vindeiro venres 15 de marzo, se o tempo o permite, o alumnado de 6º de E.P. ten unha cita no IES de Chapela.

Distribuir contido