|
Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00 |
|
Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00 |
O vindeiro Luns 20 de Decembro as familias están convidadas a un obradoiro de creatividade e arte con materiais naturais (centros de mesa, coroas de advento...) da man da nosa floristera de referencia Esther Vidal "Floristeria Vidal" o longo da tarde.
A nosa floristera de referencia Esther de Floristería Vidal ven ao centro dende hoxe ata o Xoves a realizar unha serie de obradoiros sobre arte de floral co alumnado de Infantil e Primaria.
Familias e alumnado de 1º e 2º de Primaria, estades convidadas a participar no I Maratón da ciencia que se celebrará o vindeiro 18 de Decembro en horario de mañá no centro.
Experimentos, xogos, matemáticas, física, química.....e muita "maxia" científica!!!!
Data Límite inscripción Luns 13 Decembro
Estimadas familias;
Estamos á porta do Nadal, tempo de estar en familia, de descansar, de comer ben, ...e de agasallos!
E cántas voltas lle damos á cabeza pensando nos xogos e xoguetes que imos pedirlle ao Apalpador, a Papá Noel, aos Reis,...!
Convócase ás familias do alumnado relacionado a unha xuntanza informativa o vindeiro Venres 17 de Decembro ás 16h
Pregamos confirmación da asistencia a clubciencias@ceipdelaredo.com.
Un cordial saúdo
Estimadas familias;
O próximo martes empezamos a decorar a nosa árbore de Nadal e , como todos os anos, precisamos da vosa axuda. Este curso, coa temática dos XOGOS E XOGUETES, queremos encher as pólas da nosa árbore de PEQUENOS XOGUETES .
Precisamos que elixades un xoguetiño, lle poñades unha cinta co nome de cada neno e nena, e o traian ao colexio para penduralo ATA O 10 DE DECEMBRO.
Apúntate na nova convocatoria do Club de Ciencias 2021-22 dentro das dinámicas do centro incluídas no noso proxecto anual “LAREDO XOGAMOS...coa CIENCIA”, que pretende traballar o ámbito científico, químico, creativo e tecnolóxico.
1.1 FINALIDADE
Estimadas familias;
Como quen non quere a cousa, xa estamos ás portas do Nadal! E como primeira actividade deste intenso mes, imos facer unha RECOLLIDA SOLIDARIA DE XOGOS E XOGUETES para celebrar o DÍA DA SOLIDARIEDADE que tamén conmemoramos nestas datas.