Blogues

Visita do Paxe Real ao centro 20/12

 

O martes 20 de decembro imos ter a visita do Paxe Real. Para xerar unha dinámica e un ambiente de nadal aproveitamos para pedirvos que  o martes cada neno/a traia un complemento navideño: gorro de Papa Noel, diadema de reno, coroa...

Sorteo "Familias e Civilizacións" (19/12)

O próximo Luns 19 faremos o sorteo do nosa dinámica "Familias e Civilizacións" na que vos propoñíamos facervos fotos cos personaxes históricos do noso proxecto anual posando con algún familiar. 

Lecturas Obrigatorias Educ. Primaria

A presente relación de libros, serán lectura obrigada ao longo deste curso. Prégase traer o mesmo a volta das vacacións de nadal, pois o longo do curso, intentaremos contar coa presencia do autor/autora, que asinará libros e faremos diferentes dinámicas e faladoiros sobre os mesmos.

Artigo no Atlántico "Colegio de Laredo, calidad e innovación educativa"

O Atlántico diario fai unha reportaxe do noso centro salientando os logros do mesmo nestes últimos anos e a súa traxectoria a prol da calidade, saúde e innovación educativa.

Ver Artigo completo

Reportaxe na TVG sobre o proxecto "ESENCIA LAREDO"

Hoxe foi un día especial, o alumnado de 5º e 6º do centro difundíu, como parte da súa estratexia, o seu proxecto ESENCIA LAREDO a cámaras e reporteiros da TVG.

 

Obras: Nova organización Acceso Centro

A partir de mañá Mércores 14/12 as entradas e saídas ao centro educativo realizaranse pola porta principal (aínda sen cuberta).

Saída "CELESTE" 4º+5º (12/12)

O vindeiro luns, 12 de decembro, o Estadio de Balaídos abre as súas portas os nosos alumnos e alumnas de 4º e 5º de Educación Primaria.

Ao longo da xornada poderán acceder ao campo mediante o túnel de vestiarios, dar a volta ao mesmo e visitar outras instalacións como os vestiarios e o Museo Real Club Celta de Vigo.

Distribuir contido