Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

O DIA A DIA NO CENTRO...

Galería e Vídeo do Maratón Letras Galegas 2019

Agradecemento a persoas colaboradoras e especial a nosa ANPA e familias por organizar esta xornada.

Dobres parabens para Edwin Veras, polo vídeo e o seu aniversario e a Cris pola galería fotográfica

VER VÍDEO

 VER FOTOS

Visita Exclusiva ao centro Bus-Creactivity (27/05 07/06)

O vindeiro luns 27 de maio e venres 7 de xuño, o alumnado de educación primaria participará no proxecto “Creactivity” da man da Obra social "la Caixa".

En exclusiva para o noso centro e por primeira vez en Redondela!.

ANPA: Solicitude de uso das Instalacións

Dende o ANPA informamos a posibilidade de utilizar o usos múltiples do centro para familias/alumnado para uso curricular/informativo/educativo,  é preciso cubrir unha soliciude e entregala na ANPA (preguntar) por parte dunha nai/pai/titor legal que será o responsable.

Programa Municipal de Conciliación Verán 2019

Está aberto o prazo de inscrición para participar no Programa municipal de conciliación 2019 Convocatoria Verán, que se desenvolverá do 1 ao 31 de xullo. A ficha de inscrición e a normativa do Programa pódese consultar na páxina web do Concello de Redondela ou solicitalas nas dependencias municipais do Centro de información ás mulleres (CIM).

O prazo de inscrición remata o venres 31 de maio.

Saída Teatro Pontevedra "Merenda con Pan de Millo" Educ. Infantil (21/05)

Co gaio da celebración do Ano da Música pola Área de Cultura e Lingua da Deputación de Pontevedra e da semana das Letras Galegas, o Museo de Pontevedra, dentro do Proxecto Telecultura, convida ao alumnado de Educación Infantil á obra de teatro musicalizada Merenda con pan de millo.

ANPA: Recollida de Chapas Maraton Letras Galegas 2019

Achegamos  a listaxe dos establecementos para recoller as chapas feitas para o maraton escolar 2019 :

Distribuir contido