Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

O DIA A DIA NO CENTRO...

ANPA: Celebración Aniversarios Uso Instalacións

Queridas Familias:

Queremos informar que a partires de agora a celebración dos aniversarios serán entre semán,é dicir, de luns a venres (excepto martes por ocupación da peceira) en horario de 17:00 a 20:00h.

Tamén queremos recordarvos ás normas das celebracións.

Cancelación: Obradoiro Práctico Escola de Familias "Técnicas de Estudo"

Por motivos persoais cancélase este obradoiro ata novo aviso. 

Desculpade as molestias. 

Un saúdo.

Charla Interactiva Familias "Educ. Afectivo Sexual" Multiusos Xunqueira 21/01 19h

Actualmente existe unha crecente preocupación pola educación afectivo-sexual, especialmente entre os e as menores. É por isto, que A Asociación Érguete convoca ás familias a unha Charla Interactiva que levará por título “Educación afectivo-sexual ”. Será o próximo Martes, 21 de Xaneiro de 2020 no Multiusos da Xunqueira, ás 19.00 horas:

Comezo Proxecto Lácteos na Escola

Xa van 3 anos que realizamos este proxecto coa Consellería de Agricultura e Pesca, FOGGA e o Fondo Europeo Agrícola de Garantía, Lácteos na Escola. 
Neste curso haberá moitas e saborosas sorpresas tendo como finalidade o fomento do consumo de produtos lácteos destinado a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables.

A nosa Gran Voda Berete!

Partindo dun acontecemento moi especial para Marco, 4 anos de Educ. Infantil, xurdiron moitas preguntas na aula, así que recreamos unha ceremonia para explicar moitos conceptos que lles suscitaban grandes curiosidades.

Pedida, casamento, firmas, choros, lanzamento de ramo...recreámolo todo para vivenciar os conceptos...mmmm todo non...menos a festa :)!

Parabéns Pau e Juan!!!

 

Proxecto SNAPPET 3º+4º EP

O centro comezará esta semana co Proxecto SNAPPET, de habilidades tecnolóxicas básicas nas áreas instrumentais, Linguas (ESP, GAL, ING) e Matemáticas. Así pois, tal e como se fixo o ano pasado, o alumnado de 3º+4º disporá dunha tablet de uso exclusivo no centro grazas a cal poderá acceder a exercicios de reforzo adaptados ao ritmo e capacidades de cada alumno/a. 

Rectificación: Obradoiro Práctico Escola de Familias "Técnicas de Estudo" Xoves 16/01

O vindeiro Xoves 16 de 17-18h realizaremos un obradoiro eminentemente práctico sobre técnicas de estudo para axudar as familias con suxestións, recomendacións e propostas para sacarlle máis rendemento ao tempo de estudo e focalizar a atención . 

Obradoiro Práctico Escola de Familias "Técnicas de Estudo" 16/01

O vindeiro Xoves 16 de 17-18h realizaremos un obradoiro eminentemente práctico sobre técnicas de estudo para axudar as familias con suxestións, recomendacións e propostas para sacarlle máis rendemento ao tempo de estudo e focalizar a atención . 

Distribuir contido