Enderezo: Rúa do Peirao nº3 Chapela - Redondela (Galicia) Telf: 886 11 06 82 - Email: equipodirectivo@ceipdelaredo.com Horario: L-V 09:00h-14:00

Blogues

O DIA A DIA NO CENTRO...

Grazas Escola Corazón. Graduados en RCP 5º+6º!!! (22/01)

Maite, nai do cole, e as súas compañeiras de gremio, médicas, visitannos unha ano maís coa súa Escola Corazón.

Unha nova fornada de rapaces graduados, os de 5º+6º, cos alicerces prácticos en RCP e manobras básicas en caso situacións de urxencia. 
Gran agradecemento polo voso tempo e cariño cos rapaces.

Saída Didáctica Museos Coruñeses: EI+1º+2º (27/01)

O vindeiro luns 27 de xaneiro, o alumnado de Educación Infantil e 1º e 2º de Educación Primaria ten programada unha saída didáctica á Coruña para visitar diferentes museos da cidadeatendendo a seguinte planificación:

Nova Data Obradoiro Práctico Escola de Familias "Técnicas de Estudo" Mércores 22/01 17h

 

Confirmamos nova data do obradoiro de técnicas de estudo impartido por Marien Marín.

Mércores 22 de 17-18h 

Revisaremos as ténicas de estudo maís apropiadas e adaptadas para o alumnado.

II Maraton Solidario 2020

Grazas a iniciativa de Gotas para Niger de UNICEF - SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui) o vindeiro Venres 31 de Xaneiro, Día da Paz, celebraremos o noso II Maratón Solidario, se o tempo o permite.

Carreira Cross-Campo A Través Parque de Castrelos 21/01 3º+4º+º5+6º

Este Martes 21 de Xaneiro o alumnado de 2º+3º+4º+5º+6º, como cada ano, irá ao campionato zonal de Campo a Través que se celebrará no Parque de Castrelos nunha competición por equipos puntuable (+800 atletas) para o campionato provincial escolar.

BUS 12 – Infantís+Benxamíns - Saída centro 09:45 – Chegada centro 13:10 BUS 11 – Alevíns - Saída centro 10:25 – Chegada centro +-14:00

ANPA: Celebración Aniversarios Uso Instalacións

Queridas Familias:

Queremos informar que a partires de agora a celebración dos aniversarios serán entre semán,é dicir, de luns a venres (excepto martes por ocupación da peceira) en horario de 17:00 a 20:00h.

Tamén queremos recordarvos ás normas das celebracións.

Cancelación: Obradoiro Práctico Escola de Familias "Técnicas de Estudo"

Por motivos persoais cancélase este obradoiro ata novo aviso. 

Desculpade as molestias. 

Un saúdo.

Charla Interactiva Familias "Educ. Afectivo Sexual" Multiusos Xunqueira 21/01 19h

Actualmente existe unha crecente preocupación pola educación afectivo-sexual, especialmente entre os e as menores. É por isto, que A Asociación Érguete convoca ás familias a unha Charla Interactiva que levará por título “Educación afectivo-sexual ”. Será o próximo Martes, 21 de Xaneiro de 2020 no Multiusos da Xunqueira, ás 19.00 horas:

Comezo Proxecto Lácteos na Escola

Xa van 3 anos que realizamos este proxecto coa Consellería de Agricultura e Pesca, FOGGA e o Fondo Europeo Agrícola de Garantía, Lácteos na Escola. 
Neste curso haberá moitas e saborosas sorpresas tendo como finalidade o fomento do consumo de produtos lácteos destinado a manter e fomentar nas escolas hábitos de consumo saudables.

Distribuir contido