Skip to Content

Alerta meteorolóxica

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

 
 
 

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.
O aviso será amarelo no mesmo período horario nas áreas: Interior de A Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
Adicionalmente se alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento dende hoxe día 16.01.23 ata o medio día do mércores 17.01.2023 nas zonas da Mariña Lucense e noroeste de A Coruña.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou o seguinte:

1. A SUSPENSIÓN do transporte escolar DURANTE O MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición das montañas de Lugo e Ourense, con seguimento das condicións climáticas nas zonas do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense e Valdeorras.
2. SUSPENSION do transporte escolar EN HORARIO DE TARDE DO MARTES 17 dos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición do interior da Coruña, interior de Pontevedra, centro de Lugo, sur de Lugo, noroeste de Ourense, sur de Ourense y Valdeorras.
3. A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR nos centros educativos situados nas zonas da Mariña Lucense e o noroeste de A Coruña ata as 12h do martes 17.
4. Por parte da autoridade Educativa comunicarase esta incidencia aos directores dos centros escolares e ás empresas de transporte, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverá o adverso.
5. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado, os directores poderán adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. Adicionalmente extremaranse as condicións de circulación do transporte con seguimento das condicións climáticas.

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28006

 

 

 

 



page | by Dr. Radut