Saídas

Roteiro de Senderismo

O vindeiro venres 11 de Abril, se o tempo o permite, faremos este roteiro os alumnos de 2º e 3º ciclo.

Camiñata II by Slidely Slideshow

Viaxe de fin de curso

05/30/2011 00:15
06/02/2011 00:00
Europe/Madrid

O alumnado de 6º de Educación Primaria, un ano máis, despediranse de nós cunha viaxe fin de curso.

Alumnado saudando dende un autobús

Nesta ocasión visitarán Terras Cántabras:

Parque de Cabárceno: no que atoparán un lugar para divertires e aprender contemplando ós centos de animais que albergan en réxime de semi-liberdade. Trátase dun lugar único a só 20 km. de Santander que oferta un sorprendente mundo da natureza.

 

Cova do Soplao

 

Santillana do Mar: onde se atopa a Cova de Altamira.

 

Forestal Park

 

e outros lugares dende os que vos iremos informando.

 

 

           Desexamos e esperamos que os nosos alumnos e as nosas alumnas volvan ben e contentos. Que esta viaxe sirva de doce despedida de curso.

 

SAÍDA: AS FRAGAS DO EUME

04/12/2011 10:00
04/12/2011 17:00
Europe/Madrid

O martes 12 de abril de 2011 saímos ás 10 da mañá do colexio para visitar as Fragas do Eume. Cando chegamos puxéronnos un vídeo relacionado coas fragas e os animais que alí vivían e despois marchamos a recorrer as fragas ao longo do río.

De vez en cando, parabamos para escoitar as explicacións que nos daban os monitores a cerca das árbores autóctonas e animais que alí podían vivir. Foi un perecorrido longo pero non nos cansabamos porque sempre había algo que chamaba a nosa atención; por exemplo, a ponte que empregamos para cruzar por riba do río.

 

A ponte era longa e só podiamos pasar dez persoas de cada vez. Tiñamos medo porque a ponte movíase cando pisabamos pero, ó mesmo tempo, facíanos moita gracia. Despois, ó longo do río vimos moitas árbores e plantas que nunca viramos.  O camiño era estreito e tiñamos que pasar con moito coidado para non esbarar.

Foi fermosísimo!!!

 

Despois de moito camiñar demos volta e o monitor amosounos unha corripa, que valía para meter as castañas todo o ano xa que iban dentro dos ourizos. E a medida que se precisaban íbanse collendo de alí. Esta construción ten moitos anos, tantos como cando se usaban as castañas para todo; de ahí que nalgúns lugares de Galicia se lles denominase tamén patacas.

 

Logo recollemos as mochilas que tiñamos no autobús e puxémonos a comer nas mesas qeu había ó carón do río. Estaba todo riquísimos, tiñamos moooita fame! Despois de comer xogamos por alí un pouco e... ó autobús para regresar ó colexio ás cinco, xusto á hora de saír todos os días.

¿Cando será a seguinte?

Distribuir contido