O entroido

ENTROIDO 2014

O vindeiro 28 de Febreiro celebraremos a comparsa de Entroido! 

Estades todos/as invitados/as.

                                                                                           

 

 

 

Entroido 2013

ENTROIDO 2013

Coma de costume, disfrazámonos e desfilamos polas rúas de Baio para festexar o Entroido. Este ano a temática escollida para os disfraces foron estilos musicais. Ó rematar degustamos comida típica destas datas (orellas, filloas…) para repor forzas despois de tanto camiñar.

Desfrutade do vídeo, no que atoparedes imaxes do desfile, dos disfraces e da merenda no comedor. A canción que se escoita no vídeo titúlase “Quero ver como te ris”, do grupo Medomedá, a quenes lle agradecemos que nos permitan empregala, con pequenas modificacións para adaptalas ó vídeo.

ENTROIDO 2012

Este ano decidimos disfrazarnos de animais. Cada curso escolleu un:os de nenos e nenas de 3 anos foron de osos panda, os de 4 anos foron de gatiños, os de 5 anos foron de pingüíns, os de primeiro de primaria foron de cans, os de segundo foron de moscas, os de terceiro foron de tigres, os de cuarto foron de ovellas, os de quinto de xirafas e os de sexto de ratiños.

As rúas de Baio enchéronse de animais......e despois da comparsa volveumos para o centro para comer filloas e orellas ata fartar!!! Que ben o pasamos!!!

 

Entroido 2011!

Este ano no colexio fixemos un proxecto para tratar a interculturalidade para dar a coñecer os distindos pobos do mundo e as súas culturas.

Seguindo co proxecto para o entroido cada ciclo escolleu un pobo. Os de infantil foron de etíopes, os do primeiro ciclo de indios, os do segundo ciclo de hindús e os do terceiro ciclo de esquimós.

Aqui podedes ver o resultado coas fotos do desfile, da queima do meco e da degustación de filloas e orellas. Pasámolo fenomenal!

 

Distribuir contido