A Paz

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

Día da Paz

sentímolo, flash non está dispoñible.

Día da Paz 2014 Cantarela dos Nenos


2:46 minutes (3.83 MB)

Amiguiños todos
amiguiños xa
,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz
collidos das mans.

Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.

Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.

Amiguiños todos,
amiguiños xa
,
os nenos de aquí

e os nenos de alá.   

 

        

PAZ 2013

PAZ 2013

O pasado mércores 30 de xaneiro conmemoramos o día da paz cunha chea de actividades! Para empezar compuxemos a palabra PAZ con fotografías de todo o alumnado e mestres; no recreo cantamos xuntos a canción “Paz, paz, paz” de Juanes e ó longo do día, en turnos, realizamos a actividade “cadea de favores”, consistente en que cada grupo lle facía un “favor” a outra clase (escribir un poema, dar unha aperta, contar chistes, preparar un biscoito…). A continuación tedes un vídeo onde veredes todas estas actividades mencionadas. Agradecémoslle ó grupo O Sonoro Maxín, que nos deixaran empregar un dos seus temas “Quérote máis”. 

 

Neste outro vídeo tedes algúns dos favores que nos fixemos entre as clases do colexio e tamén a canción que cantamos todos xuntos no patio.


A PAZ 2012

Este ano escollemos cantar a canción de Miliki "Multiplica corazones". Fixemos unha roda enorme no patio dándonos todos as mans (nenos e mestres) e puxemos a canción no sistema de megafonía do colexio e cantamos todos xuntos.

Grazas a Miriam (a mestra de música e de educación artística) elaboramos unha pomba da PAZ xigante e e outras pequenas onde cada neno e nena escribimos o noso desexo para que haxa Paz no mundo. Colgamos todo na entrada do edificio de Infantil. Quedou precioso!!!

Día da PAZ

Para o día da PAZ escribimos mensaxes de PAZ que atamos a globos e soltamos todos xuntos despois de ler un manifesto e de cantar a canción de Rubén Rada "Yo quiero".

  Foi moi emocionante!


Distribuir contido