Este mes de decembro non tivemos nin un minuto para descansar no cole...
Recibimos varias visitas, todas elas moi interesantes e divertidas. Por un lado, Pablo Díaz veu cantar algúns dos seus temas con nós. Na seguinte semana, visitounos a compañía do Elefante Elegante coa obra "Tristán cara de can".
Para rematar, celebramos o festival de Nadal, no que cada grupo fixo a súa aportación cunha obra, canción ou poema.
No seguinte vídeo podedes ver imaxes de todas as actividades mencionadas. Agradecémoslle ó grupo Projecto Mourente a súa colaboración, facilitándonos o uso do tema que escoitades "Feliz assim".
Polo Nadal organizamos como todos os anos un festival. Non faltou de nada: obras de teatro, cancións, chistes, panxoliñas.....
Esperamos que vós gustaran todas as actuacións. A nós encantounos preparalas para ofrecérvolas.
Despois do festival viñeron os Reis Magos e démoslle as nosas cartas.........que emoción!!! e antes de marchar para casa fomos ao comedor para degustar o chocolate con churros que nos prepararan as nosas cociñeiras.
O vindeiro mércores 21 de decembro vamos celebrar o festival de nadal. Vai haber obras de teatro, panxoliñas,...a diversión esta asegurada. Convidámosvos a que veñades pasar un bo momento con nós.
Lembrade rapaces... que tedes que portarvos ben que os reis están vixiando e a piques de chegar.
Como todos os anos celebramos o festival de Nadal. Cada curso de primaria representamos unha obra e grazas o mestre de música tamén preparamos unha panxoliña. Os nenos de infantil prepararon unha panxoliña que cantaron todos xuntos.
A continuación están as fotos do día do festival e algun video das obras de teatro. Desexamos que vós gusten!