Transporte

Transporte no centro

O noso centro conta con transporte escolar levado a cabo por dúas empresas: Autos Facal e Autos Fondo e HIjos.

Ambas empresas fan o percorrido polas zonas de influencia do centro en horario de mañá e rematada a xornada escolar. Ao mediodía non hai transporte xa que a totalidade do alumnado transportado fai uso do comedor escolar.

Desde o curso 2010/11 e  ao abeiro das instrucións correpondentes sobre xestión do servizo do transporte escolar, algúns alumn@s do noso centro, que normativamente non teñen dereito a usar o mesmo, fan uso del, previa solicitude á Xefatura Territorial, quen expide unha autorización excepcional para cada curso.

No seguinte enlace  pódense ver as liñas e as correspondentes paradas en cada unha das rutas.

Distribuir contido