Animación á lectura

Blog da biblioteca

Para saber máis sobre as actividades que se organizan dende a biblioteca podes visitar o noso blog.

 

o recucho dos lectores

Semana do libro 19 ao 24 de abril

19 de abril comezaron os actos do día do libro. Foi Viky Pérez, a animadora de Santillana, quen nos agasallou cunha fermosa posta en escena dos contos, que previamente lera todo o alumnado, dándolles vida a eses máxicos relatos e facendo participar aos nenos converténdoos en protagonistas e trasladándoos do mundo real ao mundo dos soños.
Os alumnos de 1º ciclo: ¡No funcionala tele! de Glenn McCoy.
Os alumnos de 2º ciclo: Ocho aventurasde Guillermo el travieso, de Richmal Crompton.
Os alumnos de 3º ciclo: Querido hijo:estás despedido, de Jordi Sierra i Fabra.
 
   O 23 de abril celebramos o día do libro para fomentar a lectura. Coincide co falecemento de Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega na mesma data. Este día o noso protagonista foi oLibroTodas as clases, desde Infantil ao 3º ciclo pasaron polas Bibliotecas do centro para disfrutar lendo os seus libros favoritos e algunhas clases, coa lectura continuada do Quixote

   Ademais o alumnado de infantil recibiu os contos personalizados que lle escribiron os nenos e nenas de primaria, quenes a cambio foron obsequiados cun marcapáxinas feito polos alumnos e alumnas de infantil.

O 24 de abril dúas mestras do colexio fixeron unha animación na biblioteca para o alumnado de infantil dos libros 
A partes iguais de Darabuc & Lina Žutauté e Un libro de Hervé Tullet. 
 

    Agradecémoslle ó grupo Cuchufellos que nos permitiran usar o seu tema "Galego reaggue", que podedes escoitar no seguinte vídeo, onde se inclúen imaxes das actividades descritas.

Día de ROSALÍA 2013

O pasado 24 de febreiro celebrouse o Día de Rosalía. Para conmemorar esta importante data, a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega organizou unha actividade nos centros educativos, consistente na lectura de poemas da obra Cantares Gallegos, que cumple 150 anos dende a súa publicación. 

 

No noso cole, o alumnado de 5º de primaria recitou o poema Castellanos de Castilla, que podedes ver neste vídeo.

 

   

Recitando a Celso Emilio Ferreiro

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística organizou un acto de homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no centenario do seu nacemento. A actividade consistía nun recitado colectivo do poema Deitado fronte ao mar o mércores 12 de decembro ás 12:00 horas.

 

   A continuación tedes as actividades feitas polo alumnado de 5º curso. Nun dos vídeos poderedes escoitalos recitar o poema na biblioteca. 

 

 

 

 

 

  No segundo dos vídeos tedes imaxes do momento en que recitaron o mesmo poema diante do resto de alumnado de primaria así coma diversas imaxes relacionadas con Celso Emilio Ferreiro; de fondo sona unha versión de Deitado fronte ao mar do grupo Dios ke te crew, a quenes lles agradecemos que nos cederan o tema.

Actividades realizadas para o DÍA das BIBLIOTECAS

Dende a biblioteca queremos inaugurar o novo curso escolar por todo o alto, conmemorando o Día das Bibliotecas Escolares, que se celebrou o 24 de outubro de 2012. Como en Baio somos grandes afeccionados ós libros, non nos chegaba un día para montar a festa, co cal decidimos amplialo e festexamos a Semana das Bibliotecas Escolares. 

 O alumnado de infantil e dos cursos de 1º, 2º e 3º disfrutou escoitando marabillosos contacontos, representados por mestras do centro. Os cursos de 4º, 5º e 6º xuntáronse para poñer en común un libro que leran ó tempo que saboreaban un delicioso biscoito. 

 A continuación tedes a lista dos libros que se traballaron en cada curso. Se pinchades no título poderedes abrir un enlace con máis información sobre cada un deles.

Infantil e primeiro ciclo: 

O señor Ramón e a señora Ramona, de Beatriz Montero e Leire Salaberria.  

Pipí caca, de Stephanie Blake.

1º curso: 

El rey con orejas de caballo, de Eric Maddern e Paul Hess.

2º curso: 

O rato solteiro, de Paco Liván e Marta Torrão.

3º curso: 

4º curso: 

El bosque de los grumos, de Carlos Frabretti.

5º curso: 

Las brujas, de Roald Dahl.

6º curso: 

As flores radiactivas, de Agustín Fernández Paz.

Neste vídeo tedes algunhas imaxes sobre as actividades mencionadas; sentimos non ter fotos de todos os grupos. Gustaríanos agradecerlle ó grupo Guezos que nos permitira usar un fragmento do seu tema "Terradentro" (se pinchades no nome do grupo podedes escoitar e descargar os seus temas). 

 

 Moi feliz semana das bibliotecas escolares!

Concurso "Portadas de terror"

O día de Samain  ,dende o mais alá, viñeron a visitarnos unha bruxa, a noiva cadáver e o seu noivo. Aproveitaron para repartir os premios aos gañadores de PORTADAS DE  TERROR que se organizou dende a BIBLIOTECA do noso colexio.

Día das BIBLIOTECAS

Con motivo da celebración do Día das Bibliotecas o próximo 24  de outubro, organizamos  actividades durante toda a semana que xiran ó redor das nosas bibliotecas. Esperamos que aproveitedes  moito todo o que o equipo de biblioteca vos ten preparado..... e sobre todo que vos divirtades e deixedes voar a vosa imaxinación ...

 

 



21 de marzo 2011!

21 DE MARZO

Tivemos unha triple celebración: día da árbore, día da poesía e a chegada da primavera.

Dende a biblioteca propuxéronnos buscar poemas  que nos gustaran e escollemos  flores e árbores para ilustralas. Pola tarde xuntámonos todos no patio e lemos cada clase dous poemas.

A continuación para celebrar que tamén era o día da árbore fomos plantar árbores na contorna do colexio (xardín, horta,...)

 

El cazo de Lorenzo

El cazo de Lorenzo é un conto metafórico para falar das diferencias aos máis pequenos.

Trata da superación dun neno con dificultades para sobrelevar o día a día.

Distribuir contido