Skip to Content

blogue deolgamouro

ACTIVIDADES E RECURSOS PARA FAMILIAS CON ALUMNADO CON TEA

As rutinas habituais da vida do noso alumnado con TEA modificáronse drasticamente, por iso, é importante que os seus familiares e persoas de apoio, que conviven con eles baixo o mesmo teito continuamente estes días, conten cos recursos necesarios para pasar o tempo na casa. No seguinte documento adxunto podedes ver algúns, dos que nos presenta a Confederación Autismo España.Pincha nas direccións e accede directamente a eles.

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa en relación ao COVID-19

Como xa sabemos que todos e todas debemos gardar estrictamente o período de corentena ao longo dos vindeiros días e permanecer nas nosas casas, desde o Colexio Oficial de Psicoloxía transmiten unha serie de recomendacións elaboradas pola Sección de Psicoloxía Educativa, que van dirixidas a toda a comunidade educativa (alumnado, familias e profesorado.

CONSELLOS PSICOLÓXICOS PARA LARGOS PERÍODOS DE CONFINAMENTO

Elena Sanmartín, psicóloga e educadora social, ofrece uns consellos psicolóxicos para estos días de confinamento dentro da casa. Espero vos sexan de axuda. Ánimo a tod@s!

MANUAL ACCESIBLE PARA COÑECER O CORONAVIRUS PARA ALUMNADO CON TEA

É necesario que o alumnado con TEA comprenda a información sobre o coronavirus, e dende ASPANAES(Santiago) elaboraron un manual sobre o virus e as medidas preventivas que debemos levar a cabo para evitar contaxios. Aquí vos queda nun documento adxunto, preme nel para velo.

RECOMENDACIÓNS DE AUTISMO ESPAÑA E CERMI FRONTE AO COVID-19

 

Dada a gran dificultade que pode supor para o noso alumnado TEA e as súas familias o confinamento obrigado polo Estado de Alarma en base o Covid-19, dende Autismo España e o CERMI informan de que pese o risco que supón esta situación, e naqueles casos nos que as familias se vexan na necesidade de saír, recoméndase que vaian acompañados da seguinte documentación:

  • Certificado oficial de recoñecemento de Discapacidade
  • Prescrición de un/a profesional sanitario o social
  • Copia da Instrución de 19 de marzo de 2020, do Ministerio de Sanidade, pola que se establecen criterios interpretativos para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19
  •  Informes médicos, psicolóxicos ou sociais complementarios nos que se describan as necesidades individuais e/ou a existencia de dificultades conductuais. No  caso de dispor deles

 

Guía de axuda para afrontar a crise do coronavirus

Aquí van algunhas propostas que poden servir para afrontar mellor a situación, grazas a os compañeiros/as que comparten e publican diversos materiais para toda a población:

Orientaciones para la gestión psicológica de la cuarentena por coronavirus

( Guía del Colegio Oficial de Psicología de Madrid)

 

IMPORTANTE CRISE DO CORONAVIRUS

Como xa sabemos que todos e todas debemos permanecer nas nosas casas nos vindeiros días, o Departamento de Orientación está a disposición de toda a comunidade educativa para todo aquelo que estimedes conveniente (dúbidas, preguntas, suxerencias..) a través da dirección de correo electrónico do noso centro:

ceip.labarta.pose@edu.xunta.es

Distribuir contido


by Dr. Radut