Iniciar sesión: Acceso

INSTRUCIÓNS INICIO DA ACTIVIDADE LECTIVA

Estimadas familias,

Estamos a piques de comezar o novo curso. Para dar cumprimento ao establecido no Protocolo de Adaptación ao contexto da COVID-19 no curso 2021-2022, este curso continuaremos coa flexibilización tanto de horarios como de puntos de acceso nas entradas e saídas.

O obxectivo é evitar aglomeracións e garantir unha maior seguridade. Que todo saia ben depende da colaboración e cumprimento estrito dos horarios  e normas establecidas.

O comezo de clases terá lugar o vindeiro xoves, 9 de setembro e o acceso ao recinto estará fixado segundo o resumo que se xunta no documento.

Lémbrase que o alumnado de educación primaria deberá acceder só ao recinto escolar, mentras que o alumnado de infantil poderá vir acompañado dunha única persoa.

Un saúdo,

A dirección.

AdxuntoTamaño
Quendas e portas de entrada e saída SETEMBRO 2021.pdf577.72 KB