Skip to Content

ÚLTIMA SEMANA DO CURSO: SEREAS. A MARUXAINA. O PLANETA.

ÚLTIMA SEMANA

 

Ola Xoaniñ@s! Esta semana imos facer cousiñas diferentes... Imos dedicarnos a cantar, bailar, xogar, debuxar... desfrutar!

 

Déixovos unha serie de actividades para realizar durante toda a semana.

Véxovos o xoves!

 

ACTIVIDADE #1: O ACUARIO

 

O venres pasado propúxenvos facer un acuario con materiais de refugallo e un lema de coidado dos mares. Se o facedes, expoñerémolo o próximo curso.

 

Recordade que o máis importante desta actividade é a concienciación da importancia de coidar o medio, non contaminalo (na medida do posible), non ensucialo, e coidar os animais tamén.

 

Centrámonos nos mares porque rematamos co bloque do verán e as sereas.

 

https://i.ytimg.com/vi/TOT5OSP1N3I/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_0" />

 

 

https://i.ytimg.com/vi/_Wpv1czv08A/0.jpg); background-position: center; background-repeat: no-repeat; height: 266px; width: 320px; " data-original-id="BLOGGER_object_1" />

 

 

 

ACTIVIDADE #2: SEREAS DE CONTO

 

Que sereas de conto coñecedes? Déixovos un conto (en versión galega) da páxina "Bosque de fantasías".

 

O Tritón e a Serea

 

 

Esta é a historia de dosu irmáns, un tritón e unha sereaTritón era o irmán maior, e Serea a irmá pequena.  Os dous vivían con seu pai, o rei Tritón, e todo eran risas e festa ata que un día a serea desapareceu. O rei, moi triste, pensou que se trataba dun deses pescadores que siempre atrapaban peixes e os comían, polo que se preocupou pola súa pequena e decidiu mandar rapidamente ao xove tritón buscala.

Tritón decidiu non ir só e acompañarse dos seus leais delfíns e tiburóns para ter máis axuda na larga búsqueda. Pasaron semanas enteiras sen comer, buscando pistas que lles conduciran á serea, incluso se meteron entre tormentas mariñas peligrosísimas, pero nada daquelo importaba porque soamente querían atopar canto antes á pequena.

A búsqueda alargouse sen moitas noticias ata que un día se encontraron cun barco pesqueiro. Decidiron seguilo e levounos a un pequeno pobo cheo de pescadores, no que sempre tiñan peixe fresco para vender mentras as gaivotas cantaban esperando comer algo.

 

O xove Tritón non acostumaba frecuentar as costas humanas.Os seres do seu reino sempre estiveran en guerra contra as personas da superficie, polo que preferiu esperar ata estar seguro de poder encontrar a súa irmá. Pouco tempo despois puido divisarla xunto a una roca en compañía dun humano.

Tritón non podía crer o que vía, estaba confuso. Súa irmá estaba cun humano, pero o peor non era iso! O peor era que había outros humanos máis, personas que a saudaban como se nada. O tritón foi ata onde estaba e pediulle que volvera con él á casa, pero ela negouse.

Serea non tiña pensado volver. Non era feliz e casara cun humano, cousa que seu irmán non comprendeu. Non sabía por que se fixara nel cando había tantos pretendientes para ela no reino mariño. Ela explicoulle que estaba namorada.

tritón intentou ser comprensivo, intentou convencela de que volvese, pero ela negouse; asique decidiu quedarse alí por un tempo; non quería deixar a súa irmá en mans de calquera e menos dun humano. Vivió con ela durante un mes e descubriu que os humanos non eran tan malos, ou polo menos, os do pequeno pobo no que se atopaban. 

Trataban moi ben a súa irmá, incluso a el. Facíanno sentir a gusto, e o tritón parecía feliz por eso. No fondo só quería que ela fose feliz. A pesar de que Serea non quixo volver máis ao reino de seu pai, o irmán seguiu visitándoa cada pouco tempo, comprendendo que ás veces, aínda que a familia non está sempre con nosco, non significa que xa non nos queiran e que nunca se debe xulgar a naide sen coñecelo!

 

ACTIVIDADE #3: DISFRACE

Propóñovos tamén, Xoaniñ@s, realizar o noso propio disfrace de serea ou tritón. Eu douvos un exemplo para facer a cola e vos decorádela como máis vos guste. Apetécevos?
 

 

Materiais:

1. 2 cartulinas ou saco de papel.

2. Pinturas, abalorios e elementos decorativos.

3. Velcro ou goma para axustala á cintura.

Sinxelo!

 

ACTIVIDADE #4: A MARUXAINA

 

Como última actividade do curso, e xa que nos quedamos sen excursión, que tal se facedes unha en familia aproveitando o noso pequeno proxecto das Sereas?

Preséntovos á serea máis coñecida da Mariña, a Maruxaina, que podedes ir visitar a San Cibrao.

Déixovos un pequeno vídeo da súa lenda e a canción dos Lunnis.

 

Vémonos pola tarde!! Un bico enorme Xoaniñ@s!

Feliz verán!



page | by Dr. Radut