Skip to Content

OS MITOS NA ARTE

 

OS MITOS NA ARTE

Bos días Xoaniñ@s artistas!

 

Esta obra representa un mundo mariño, inspirado nas lendas e mitos da cultura galega e na literatura fantástica de Xulio Verne. Pintada en tonos azulados e escuros, unha figura dunha serea alada, elevada por unha gran ola, descansa enmarcada entre acantilados e ruinas.

Todas estas características son representativas do pintor surrealista galego, Urbano Lugrís.

 

Invítovos a que, como ata o momento, fagades a vosa propia interpretación da obra, para o noso recanto da arte do próximo curso. Creo que é unha oportunidade estupenda para experimentar coas acuarelas, que lle aportan á pintura un carácter máis acuoso.

 

 

Repasamos e escribimos os nomes de "SEREA" e "TRITÓN".

Coloreamos os debuxos.

Poñemos o noso nome por detrás.

 

 

Con este puzzle imos necesitar a axuda dun adulto para que nolo recorte e poder montalo. Para facérllelo máis sinxelo, podemos imprimir a lámina 2 veces para que unha nos sirve de base sobre a que montar o puzzle.

 

Feliz xoves a tod@s!

 

 

 



page | by Dr. Radut