COMEDOR
COMEDOR ESCOLAR CURSO 2021-2022
Publicadas as instrucións sobre funcionamento de comedores escolares para o curso 2021-2022.
Aberto o prazo de presentación de solicitudes de comedor correspondentes ao alumnado.
O modelo de Autodeclaración poderá ser entregado no mes de xullo vía correo electrónico:
ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
Para a entrega en formato papel: do 1 ao 8 de setembro, no centro educativo.
Modelo de Autodeclaración (clica para acceder ao impreso)
Máis información:
Instrución 2/2021 comedores escolares
PRAZO DE ADMISIÓN DE COLABORADORES E COLABORADORAS VOLUNTARIOS PARA O COMEDOR ESCOLAR
ANUNCIO DA APERTURA DO PRAZO DE ADMISIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP JOSÉ MARÍA LAGE COMO COLABORADORES/AS VOLUNTARIOS NAS TAREFAS DE ATENCIÓN E APOIO AO ALUMNADO USUARIO DO COMEDOR ESCOLAR DURANTE O CURSO 2021-2022
Os pais/nais do alumnado deste centro de ensino que desexen ao longo do curso escolar 21/22 colaborar de xeito altruista nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión a través do correo electrónico do centro ceip.josemaria.lage@edu.xunta.gal
No asunto do correo indicarán COLABORADOR/A COMEDOR. No corpo do correo especificarán o seu nome e apelidos, nome do seu fillo/a e a súa intención de colaborar no comedor escolar durante o curso 21/22.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro.
