2015-2016
Reto Quimions
RETO QUIMIONS
Dende mediados do mes de outubro, os alumnos de 2º de EP e as súas mestras titoras participan no RETO QUIMIONS.
Esta iniciativa parte dunha rapaza de A Coruña e ten como finalidade intentar que o tratamento de quimioterapia e a estancia no hospital, sexan máis levadeiros, amenos e menos traumáticos para os nenos e nenas que padecen enfermidades graves.
O reto consiste en fabricar, antes do 30 de novembro, primeiro para o hospital Materno Infantil de A Coruña, e despois para outros centros hospitalarios da provincia, bolsas para recubrir as bolsas de suero e medicación.
Logo de atopar este chamamento na rede, as mestras de 2º de EP decidimos participar e facer partícipe ao noso alumnado neste reto, intentando potenciar neles unha serie de valores como a solidariedade, perseverancia, tolerancia, equidad,... e puxémonos mans á obra.
Hoxe, mércores 18 de decembro, puxemos fin ao reto e fixemos entrega, das bolsas elaboradas, na farmacia "Torres", punto de recollida na nosa localidade.
Se queredes veras fotos do proceso clicade na imaxe.
