Reinventando o patio de primeiro e segundo

 

Este mes un grupo de familias estiveron traballando no patio cuberto de primeiro e segundo para dar un número maior de opcións para o tempo de lecer ao noso alumnado.

 

 

Este pequeno proxecto ten moitos aspectos positivos, entre outros podemos destacar:

  • máis opcións de xogo libre
  • implicación das familias
  • colaboración escola-familia

Desde aquí queremos dar as grazas a todo o equipo de pais e nais que se achegaron ao centro para transformar o patio nunha zona máis atractiva e dinámica de xogo. Velaquí tedes unha parte do resultado final.

 

 

Estade atentos, que pronto voltarán ao cole para continuar con este pequeno proxecto que supón un cambio importante nos recreos do noso alumnado.

E ti, queres formar parte deste proxecto? Pronto terás noticias de como participar.