FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO

NORMA: Orde do 9 de maio de 2018 (diario Oficial de Galicia do 21 de maio de 2018)

 

DESTINATARIOS:

-Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de E. primaria e en 1º,2º,3º e 4º da

ESO

-Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de E. primaria, e en educación especial;

así como as axudas que pode recibir o alumnado con discapacidade > 65% e necesidades específicas de apoio

educativo -NEAE.

-Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en E. Primaria

 

FORMA DE PRESENTACIÓN:

    A solicitude pódese presentar no centro ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa

reguladora do procedemento administrativo común.

    Ademais poderase realizar accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez cubertos os datos deberán gardala,

obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderán optar polas seguintes formas de presentación:

·Presentación no centro: imprimindo a solicitude e o anexo II e presentándoos no centro ( debidamente asinado ).

·Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

 

RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR:

  Renda da unidade familiar do exercicio fiscal 2016 dividido entre o número de membros computables.

· Computarán por dous os membros que acrediten unha discapacidade igual ou superior ao 33% ou a percepción

dunha pensión da Seguridade social por incapacidade permanente nos graos de total,

 absoluta ou gran invalidez, ou equivalente de clases pasivas.

·A renda da unidade familiar será o resultado de sumar as rendas de cada un dos membros

computables da familia que obteñan ingresos. Sumaranse a base impoñible xeral (recadro 392) e a

base impoñible de aforro (recadro 405).

 

Membros computables da unidade familiar:

a) Os pais non separados legalmente nin divorciados ou, de ser o caso o titor ou titores do alumnado.

b) Os/as fillos/as menores de idade con excepción dos emancipados.

c) Os/as fillos/as maiores de idade discapacitados ou incapacitados xudicialmente suxeitos á patria

potestade prorrogada ou rehabilitada.

d) Os/as fillos/as solteiros menores de 25 anos e que convivan no domicilio familiar.

e) A persoa proxenitora separada legalmente ou divorciada, cando haxa custodia compartida.

f) A persoa que, por novo matrimonio ou por convivencia en situación de unión de feito ou análoga,

viva no domicilio familiar coa persoa proxenitora do alumnado.

Cando non exista vínculo matrimonial, a unidade familiar entenderase constituída polo pai, a nai e

todos os descendentes que convivan con eles e que reúnan os requisitos do punto anterior.

Terase en conta a situación persoal e a composición da unidade familiar a 31 de decembro de 2016.

 

PRAZOS DE PRESENTACIÓN:

·Presentación de solicitudes no centro escolar ou en sede electrónica ata o 22-06-2018

·Devolución dos libros do curso 2017/20218 ata o 22-06-2018

 

 

AdxuntoTamaño
2018-Solicitude-Anexos-I-e-II.pdf2.02 MB