Horario de titorías

 

Os titores/as son  responsables do seu grupo de alumnos/as en colaboración co resto do profesorado e do Dpto. de Orientación.

 

 

O horario de titorías é o luns de 17:30 a 18:30 (cita previa). 

 

Do mesmo xeito, para realizar unha titoría cun especialista (música, inglés, educación física...) pedirase cita previamente e a reunión, realizarase tamén os luns no mesmo horario. 

Pódese solicitar titoría por diferente canles: correo electrónico do mestre ou mestra, AbalarMobil e a través da axenda do alumno/a.