A NOSA VOZ

CEIP JOSÉ Mª LAGE - ESPECIALISTAS E EQUIPOS
A revista "A Nosa Voz" publícase no noso centro dende hai moitos anos.
Este é o primeiro ano que se fai só en formato dixital, pois as novas tecnoloxías obrigan a avanzar e dar un paso adiante.
A coordinación da elaboración desta revista levouse a cabo dende o Equipo de Normalización Lingüística, coa colaboración e participación de todo o profesorado e alumnado do centro. A maquetación e publicación deste primeiro número dixital realizouna o equipo TIC.
O traballo foi repartido por niveis e especialidades. Elaboráronse diferentes artigos sobre as distintas celebracións e conmemoracións como o Samaín, o Magosto, o Estatuto de Autonomía, o Día da Lingua Materna, o Día de Rosalía, o día das Letras Galegas, a II Xornada de Xogos Populares, o Entroido, o Nadal,..., e outras actividades como o intercambio de correspondencia co CEIP P. Albino Núñez de Ourense ou a participación no concurso de marcapáxinas da Biblioteca Municipal, que este ano tivo como protagonista a Narciso Luaces.
Esperamos que vos guste!!
EDUCACIÓN FÍSICA
LINGUA ESTRANXEIRA
OBRADOIRO CREATIVO
ESPECIALISTAS
RELIXIÓN
EQUIPO DE ACTIVIDADES COMPLEMENTARIAS E EXTRAESCOLARES
EQUIPO DE BIBLIOTECA