Secretaría

PUBLICACIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITID@S PARA O CURSO 2022-2023

Infórmase que xa está publicada no taboleiro interior do centro a listaxe provisional de admitid@s para o vindeiro curso 2022-2023. Todas as solicitudes presentadas foron admitidas. Seguindo o calendario do proceso de admisión, a listaxe definitiva será publicada antes do 15 de maio.

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS VIRTUAL CURSO 2022-2023

Tal e como xa fomos adiantando, este ano debido á situación Covid, as nosas Xornadas de Portas Abertas terá un carácter virtual. Na seguinte presentación poderedes botar unha ollada a todo o que ofrece o noso centro: liña metodolóxica dos últimos anos, instalacións, servizos...

Benvid@s á nosa escola. Agardámosvos!

 

Pinchade na imaxe.

RESUME PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022-2023

Debido a situación COVID, non se realizarán as xornadas de portas abertas. De todas formas, invitámosvos a que esteades pendentes da nosa web, onde poremos toda a información sobre o proceso de solicitude de matrícula. Actualmente estamos a preparar unha presentación web onde abriremos o noso centro para que o poidades visitar  e coñecer de xeito virtual.

LEXISLACIÓN REFERENTE AO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO:

 

ABALAR MÓBIL

Estimadas familias.

Debido ao estado excepcional que estamos a vivir, o proceso de entrega de boletíns deste segundo trimestre verase modificado.

 

Para poder consultar o boletín de notas deste segundo trimestre será necesario descargarse no teléfono móbil ou tableta a aplicación AbalarMóbil. A súa publicación será o 31 de marzo.

 

Debedes pinchar a foto e seredes enviados á páxina da Xunta onde vos explicará como descargar esta aplicación.

Ademais no seguinte enderezo web tedes unha guía/titorial da aplicación AbalarMóbil para as familias. https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia-mobil-familias-galego.pdf

Distribuir contido