Ordes do meco

O Meco Manu deixounos unha tarefa moi interesante!!!

Saída a Vigo-Zoo

O alumnado de 5º de infantil tivo a sorte de poder visitar Vigo-zoo e aprender moitísimas cousas sobre os animais que alí viven. Viñeron abraiados/as!!!

 

COMEZA A CONTA ATRÁS... ENTROIDO!!!

RESUME DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

XORNADA 25N

Todos sabemos que o bo faise esperar e para festexar o novo ano queremos compartir convosco un resumo das actividades que realizamos no centro para conmemoar o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

 

FESTIVAL DE NADAL

Tras moito pelexar coas Novas Tecnoloxías, por fin podemos compartir convosco as actuacións do Festival de Nadal.

Agardamos que gocedes tanto con elas como o fixemos todos no cole.

Felices festas!

 

E agora deixámosvos unhas fotos de grupo dos artistas...

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSONAS CON DISCAPACIDADE

Onte conmemoramos o Día Internacional das Personas con Discapacidade lendo o conto de Wonder e realizando un mural cooperativo no que plasmamos o motivo polo que cada un de nós é único.

Animámosvos a que vos paredes a botarlle unha ollada na entrada do centro. 

PROTECCION DE IMAXE

Lembrámosvos que as imaxes e videos da web son de uso exclusivo do centro e non se poden compartir.

“En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle de que os datos persoais facilitados quedarán rexistrados nun ficheiro de titularidade da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia co obxecto de xestionar o presente procedemento. A persoa interesada poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como responsable do ficheiro, solicitándoo ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, edificio administrativo de San Caetano, S/N, 15781, Santiago de Compostela, ou mediante o envío dun correo electrónico asxt.cultura.educación@xunta.es.”

UN HOTEL DE CINCO ANTENAS

Onte os alumnos e alumnas de 6º de E.I e 1º, 2º e 4º de E.P. fixeron de arquitectos e construtores ao facer realidade unha edificación moi especial... un hotel para bichos!

E temos que dicir que grazas a eles os insectos do contorno contan agora cunha zona de descanso e relax de cinco antenas en pleno centro de Matamá.

 

Correlingua 2019

Un ano máis, varios cursos do noso centro participaron no Correlingua. Deixámosvos un resumo do ben que o pasaron mentres reivindicaban a importancia da lingua galega e da nosa cultura.

 

Distribuir contido