OS TRABALLOS POR SECTORES
Enviado por Maita o Mar, 24/03/2020 - 15:19
Bos días a tod@s!
Sabedes que os distintos tipos de traballo pódense clasificar en tres sectores? Estes son:
- sector primario (agricultura, gandaría, pesca e minaría).
- sector secundario ou industrial (industria, artesanía, construción).
- sector terciario ou de servizos (servizos educativos, servizos sanitarios, transportes, comercio, turismo).
E agora, saberías clasificar por sectores:
- A olería de Buño
- A pesca en Malpica
- E aos teus mestr@s do cole?
Ánimo!
- Array
Versión para impresora