Convócanse axudas para a adquisición de libros de texto, materiais didácticos e materiais curriculares destinado ao alumnado matriculado en Educación Primaria.
Destinatarios e requisitos
- Estar matriculados en Educación Primaria durante o curso 2012/13.
- Ter unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros (exercicio fiscal 2010). Para os efectos do cálculo da renda per cápita familiar sumaranse os recadros 455 e 465 da declaración e dividirase entre os membros da unidade familiar.
Lugar e prazo de presentación de solicitudes
- As solicitudes poden obterse na secretaría do centro docente ou na páxina web do colexio.
- Xunto coa solicitude entregarase no centro a seguinte documentación:
-
- Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar
- Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.
- No caso de discapacidades, fotocopia compulsada do certificado do grao de minusvalidez.
-
- O prazo de presentación será desde o 2 ao 2 de Xullo de 2012.
Contía das bolsas
-
Familias monoparentais:
-
- Con ingresos ata 6.000 euros: 170 euros.
- Con ingresos entre 6.000,01 ata 9.000 euros: 90 euros.
-
-
Resto de familias
-
- Con ingresos ata 5.400 euros: 170 euros.
- Con ingresos entre 5.400,01 ata 9.000 euros: 90 euros.
-
Obrigas dos beneficiarios
- Destinar o importe da bolsa na súa integridade á adquisición dos libros e demais materiais curriculares propios do curso académico para o que solicitou a axuda.
A adquisición:
A través do vale, poderá adquirir os libros e material escolar no correspondente establecemento, á súa libre escolla e polo importe máximo que figura no documento. O solicitante deberá asinar o vale no momento da recepción do material, dando a súa conformidade. O establecemento quedará en posesión do correspondente vale.
Máis información
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Solicitude anexo I.pdf | 704.78 KB |