Skip to Content

Equipo de dinamización da lingua galega, T.I.C., Complementarias.

A ciencia e a maxia co mago Marco

Durante o curso escolar da ciencia "Con-ciencia-te" o alumnado viviu unha experiencia máxica co mago Marco explicando a relación entre a maxia e a ciencia. 

Este é un anaco da súa actuación. 

Premede no corazón ou no link. 

 

https://drive.google.com/file/d/1MnxzimzW9KREBDCZtZ6ofk-wvRZZAw41/view?usp=drivesdk

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO- 24 DE FEBREIRO

 

O 24 de febreiro todo o colexio fixo unha gran homenaxe a poetisa galega Rosalía de Castro.

Cada curso encargouse de decorar a porta da súa aula

 

Creamos unha exposición interactiva con código QR , que explicaban, moita información, para coñecer a súa obra, vida e curiosidades.

Ademais, todos os cursos aprenderon un poema de "CANTARES GALEGOS" para recitar os  compañeiros/as 

Prema na imaxe para ver o vídeo do traballo feito por todo o alumnado!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

  

 

 

 

 

 

 

ENTROIDO 2021

Aínda que sabemos que é un ano diferente, non quixemos que o noso alumnado non celebrase dalgún xeito o noso Entroido. Respectando o lema do colexio para este curso "COídate, VIve e Desfruta", o alumnado veu disfrazado do que máis lle apeteceu, xa que o lema abrangue un abano grande de posibilidades tivemos desde médicos, enfermeiros, deportistas, de comidas sanas coma ensaladas, froitas, verduras, peixes, festeiros/as, deportistas...

Por outra banda, nas aulas se traballou a historia do Entroido en Galicia, sobre todo nos peliqueiros. Unha mostra disto a podedes ver no mural central do colexio e nas fotos. Esperamos que vos gusten!

E como sabedes...somos un cole plurilingüe onde tamén celebramos o "Carnival time".

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DE INFANTIL

 

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS NENOS E NENAS DE 1º,2º, 3º E 4º

 

 

PULSA NA IMAXE PARA VER O BAILE DOS 5º E 6º

 

 

 

 

 

 

Día das letras galegas 2020.

Resumo do ano da COVID-19. DÍA DAS LETRAS GALEGAS (posposta)

Esta foi a aportación dos mestres presentes ao comezo do curso 2020-2021 no día das letras galegas. A xornada fíxose en cada unha das aulas e o alumnado cantou as cancións para festexar a data e falouse do escritor homenaxeado. A canción que interpretaron os mestres tamén se visionou nas aulas e agora poñémola na nosa web. Esperamos que sexa do voso agrado. Premede no corazón:  

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE- 3 DECEMBRO 2020

 

O día 3 de decembro, no colexio, conmemoramos o Día internacional das persoas con discapacidade. Todos e todas, temos unhas cualidades para estaren orgullosos e, sen embargo, ademais amosamos  puntos febles, é dicir, as nosas discapacidades. Diso, trataron os obradoiros que traballamos no colexio.  Visionamos as seguintes curtametraxes e moitas das clases fixemos chapas , nós mesmos/as, cos nosos debuxos.  Tanto mestres/as como o alumnado, levamos para casa, unha chapa posta na solapa. A ver se vos gustan!!

 

 

 

 

 

 

 

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 25 NOVEMBRO 2020

 

 

  

 

 

O día 25 de novembro de 2020, celebramos conmemoramos o DÍA INTERNACIÓNAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 

Nas aulas abordouse este tema adaptándoo aos diferentes niveis, facendo  tarefas ( debuxos), e mesmo, reflexionando sobre curtometraxes, que primeiro visionaron.

MAGOSTO 2020- 11 NOVEMBRO 2020

 

 

 

 

 

A COVID-19 non conseguíu que polo San Martiño, 11 de marzo, o colexio Javier Sensat celebrase o Magosto.

Pasámolo moi ben! Tivemos quen nos asase castañas, e con todas as normas de seguridade que a pandemia nos obriga, as comemos por grupos-aula, cada clase nunha zona do patio.

Ademais, aproveitamos que facía bo día para colleren materiais naturais ( folllas, flores...), que había dentro da instalación do colexio e  fixeron unha mandala por cada aula. A ver se vos gustan...Foron moi creativos/as!

 

 

 

 

PRESENTACIÓN DO CURSO 2020-2021 para 5º EP-A e 5º EP-B

Ola a todos e todas. Aquí tedes a presentación do curso que non puidemos poñer durante a videoconferencia sobre o curso que temos diante. 

https://prezi.com/whsgb_hxuvdj/reunion-coas-familias/?present=1

Un saúdo e feliz curso. 

CEREMONIA DE GRADUACIÓN FIN DE CURSO DE 6º 2020

AQUÍ TEMOS O VÍDEO EXPOSTO DA CEREMONIA DE GRADUACIÓN DO ALUMNADO DE 6º DESTE ANO DO CONFINAMENTO 2020. 

PREMEDE NO CORAZÓN OU NO LINK.

https://drive.google.com/file/d/1_gxw4H39V6ZrhSgaCh_dnnTuWOHhIOlD/view?usp=drivesdk

 

Traballos sobre circuito eléctrico de 6ºEP

Este é o traballo do circuito eléctrico do alumnado de 6º premede no link ou imaxe interactiva. 

https://www.thinglink.com/scene/1325866989448593411

 

Distribuir contido


by Dr. Radut