Animación á lectura

The 3 Little Pigs

OS TRES PORQUIÑOS 

THE 3 LITTLE PIGS

24 de febreiro. Día de Rosalía 2019

Festexamos o día do nacemento de Rosalía De Castro con unha interpretación das súas obras recitadas, cantadas ou musicadas dentro das clases de todos os niveis dende infantil ata primaria.

A celebración do día de Rosalía no curso de 6 EP foi como sigue co poema “Non che digo nada, pero vaia...”

 https://vimeo.com/322491692

Esta foi a interpretación de 4 de EP “Negra sombra”. Preme no link.

https://vimeo.com/319327065

Concurso fotográfico de Nadal

Este foi o resultado das votacións do equipo da biblioteca pensando en distintos niveis de participación no I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NADAL. 

ROSALÍA DE CASTRO. Adiós ríos, adiós fontes.

Ola a todos e todas dende a coordinación da biblioteca queremos facilitarvos a páxina de youtube onde aparece o poema musicado da nosa homenaxeada Rosalía de Castro. A interpretación está feita polo grupo Astarot que nos pareceu reflicte moi ben o sentimento da autora con un aire algo máis moderno e actual.

Clicade na seguinte ligazón para escoitar o poema. Grazas.

https://www.youtube.com/watch?v=4A84pSjqcls

 

O noso video do concurso "Nós tamén creamos" na TVGA

Ola de novo a todos e todas. Xa por fin podemos ver o noso video en Stopmotion do curso pasado. Atópase no link que vos facilito abaixo na páxina do Xabarín clube da TVGa. Non gañou ningún concurso pero o resultado é o importante e tamén o contido. Que o desfrutedes!

PREMEDE NESTE LINK

http://www.crtvg.es/infantil/nos-tamen-creamos/tres-han-de-ser-do-ceip-j...

OU NESTA ICONA

 

 

Axudantes da Biblioteca 16/17

Grazas a todos os nosos axudantes de 6º

BROWN BEAR, BROWN BEAR. WHAT DO YOU SEE?

 

 

 Este foi o esultado do traballo da teacher Nuria cos rapaces de infantil de 5 anos que rematan este ano. Esta baseado nun libro de Eric Carle chamado Brown Bear. Esperamos que vos guste e vos anime a lelo en inglés. Premede no libro, no corazón ou no link de abaixo para velo. Enjoy it.

https://vimeo.com/221498995

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017. Parte 1.

Ola a todos e todas. Queremos presentarvos a primeira pate do festival celebrado co gallo do día das letras galegas 2017 adicado a Carlos Casares. Esperamos que o desfrutedes e un saúdo.

Premede no corazón.

EU LETRAS GALEGAS E CARLOS CASARES.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2017. Parte 2

Ola de novo a todos e todas. Aquí tedes unha mostra do noso festival das letras galegas adicado a Carlos Casares. Nesta 2ª parte podedes ver as actuacións de primaria premendo na icona do corazón. Un saúdo e que o disfrutedes.

EU LETRAS GALEGAS CON CARLOS CASARES

VIDA E OBRA DE CARLOS CASARES. Presentación en Powerpoint.

Ola outra vez. Aquí tedes a vida e obra do noso homenaxeado Carlos Casares. Descargade o arquivo para poder velo. Un saúdo.

Powered by Drupal - Design by artinet