Escolares

ENTROIDO 2019 no CEIP PLURILINGÜE Javier Sensat

 

 

O Entroido desde ano foi abdicado ao cinema e todos os cursos escolleron unha película relevante para eles. Este foi o resumo da xornada. Esperemos que vos guste. 

https://youtu.be/6ibJTmYaA9A

 

Concurso fotográfico de Nadal

Este foi o resultado das votacións do equipo da biblioteca pensando en distintos niveis de participación no I CONCURSO FOTOGRÁFICO DE NADAL. 

O día da paz coa canción "tu enemigo" de

Aquí tedes o resultado final da nosa celebración do día da paz no colexio. Fixemos o que podería ser unha LIP DUB da canción "Tu enemigo", de Pablo López fixemos ondear a bandeira da canción e fixemos unha solta do globo aerostático de Cantoia.

Premede na seguinte ligazón e esperamos que o disfrutedes.

https://youtu.be/DB7FMigl9xo

 

ROSALÍA DE CASTRO. Adiós ríos, adiós fontes.

Ola a todos e todas dende a coordinación da biblioteca queremos facilitarvos a páxina de youtube onde aparece o poema musicado da nosa homenaxeada Rosalía de Castro. A interpretación está feita polo grupo Astarot que nos pareceu reflicte moi ben o sentimento da autora con un aire algo máis moderno e actual.

Clicade na seguinte ligazón para escoitar o poema. Grazas.

https://www.youtube.com/watch?v=4A84pSjqcls

 

GRADUACIÓN DE 6 PRIMARIA E 6 INFANTIL 2017

 

 

 

OLA A TODOS E TODAS! XA REMATAMOS O CURSO E COMO COLOFÓN E HOMENAXE AOS NOSOS NENOS E NENAS DE DE FIN ETAPAS QUEREMOS ENSINARLLOS O SEU TRABALLO DE FINAL DE CURSO. ESTAS FORON AS CELEBRACIÓNS DAS GRADUACIÓNS DE 6º DE PRIMARIA E INFANTIL. MOI BOA SORTE AOS QUE MARCHAN DO COLEXIO PARA ENCAMIÑAR O SEU PERCORRIDO POLA ENSINANZA SECUNDARIA OBRIGATORIA E MOI BO VERÁN TAMÉN AOS DE INFATIL QUE PASAN A PRIMARIA.

BROWN BEAR, BROWN BEAR. WHAT DO YOU SEE?

 

 

 Este foi o esultado do traballo da teacher Nuria cos rapaces de infantil de 5 anos que rematan este ano. Esta baseado nun libro de Eric Carle chamado Brown Bear. Esperamos que vos guste e vos anime a lelo en inglés. Premede no libro, no corazón ou no link de abaixo para velo. Enjoy it.

https://vimeo.com/221498995

O MURAL DO CEIP JAVIER SENSAT NO PROGRAMA A REVISTA DA TVG

O día 5 de xuño viñeron gravar un equipo da TVG o mural que están a facer na parede do colexio con respecto ao noso tema "As nosas rías". A artista que o diseñou iniciou aos rapaces de 6º na pintura de murais que patrocina o Concello de Vigo xunto a outros 5 colexios. O noso xefe de estudos Ramón foi entrevistado e fixéronse dúas conexións en directo. No link de abaixo pódese ver a primeira no minuto 24 e logo no minuto 51 e medio.

EU  tvg

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2017. Parte 1.

Ola a todos e todas. Queremos presentarvos a primeira pate do festival celebrado co gallo do día das letras galegas 2017 adicado a Carlos Casares. Esperamos que o desfrutedes e un saúdo.

Premede no corazón.

EU LETRAS GALEGAS E CARLOS CASARES.

CONTOS PARA NENOS DE CARLOS CASARES

CONTO CON IMAXES para ver en forrmato libro na páxina de ISSU ou en PDF para descargar.

A BOMBA DA FELICIDADE (Carlos Casares)

  

O PEIXE DA FONTE DO XARDÍN. Carlos Casares.

Ola de novo. Xa temos outro conto para infantil e primeiro ciclo. O conto trata dun perrsonaxe moi coñecido por todos en cada aldea e era a figura do tolo. Neste caso chámase Leoncio e pódese ver en poucas palabras a tenrura coa que lle describe Carlos Casares. Espero que vos guste.

Como sempe premede na icona de abaixo paa ver o video.

 

ψ

 

 

Powered by Drupal - Design by artinet