Eventos

« Agosto 2017 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

Educación Física

VI CAMPUS DE INTEGRACIÓN FUNDACIÓN FEDYS

VI CAMPUS DE INTEGRACIÓN FUNDACIÓN FEDYS.

"ESPACIOS DE CONVIVENCIA DENDE O DEPORTE"

26, 27 e 28 DE DECEMBRO.

ACTIVIDADE GRATUITA PARA NEN@S.

INSTALACIÓN DO CEE "NUESTRA SEÑORA DE LOURDES". Pérez Lugin 10. 15010 A Coruña.

Remate do prazo de inscripción o 21 de decembro.

INFORMACIÓN:

881.91.42.68

Fundacion Fedys. Pica AQUÍ. Dende ese mesmo enlace poderás imprimir o boletín de inscripción.

Vídeo de Sitting Volley.AQUÍ.

Máis información de Goalball AQUÍ.

Actividade de Escalada. Alumnado de 5º de E. Primaria.

O vindeiro martes 14 de maio de 2013 os alumnos de 5ºA e 5ºB participarán no PROGRAMA COMPLEMENTARIO DE EDUCACIÓN FÍSICA, levado a cabo polo Servizo Municipal de Deportes do Concello de Oleiros, na actividade de ESCALADA.

 

A actividade será realizada no Rocódromo  do Pavillón Municipal de Bastiagueiro.

 

Na sesión, de nivel básico, traballarán aspectos como: material básico, escalada en “yo-yo”, rapelar, cabullería, escalada de 1º, ...

 

Non é obrigatorio subir ao rocódromo.

 

Para actividade os alumnos deberán levar roupa deportiva e calzado deportivo estreito.

 

O traxecto dende o Centro ata o Pavillón farémolo en autobús ao cargo do Servizo Municipal de Deportes.

 

Para participar na actividade, deberán traer cuberta a autorización.

 

Grazas.

 

Para máis información podedes consultar a wiki:Imos ao rocódromo.

A través da páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidroparga

E entramos en Especialidades: Educación Física.

Ou ben directamente:pargapondal.wikispaces.com/Imos+ao+rocódromo

 

As wikis de E. Física do noso Cole

WIKIS DO CEIP Plurilingüe ISIDRO PARGA PONDAL.

EDUCACIÓN FÍSICA.

IMOS AO ROCÓDROMO.

NUTRICIÓN E ACTIVIDADE FÍSICA.

Obradoiro de actividade física regular e nutrición.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DO SEDENTARISMO E OBESIDADE NA POBOACIÓN ESCOLAR DE OLEIROS.

OBRADOIRO DE ACTIVIDADE FÍSICA REGULAR E NUTRICIÓN.

Charla interactiva onde se aclararon os conceptos de actividade física, exercicio físico e deporte. Relación entre actividade física e saúde. Recomendación e estratexias para realizar actividade física diaria. Exercicios prácticos. Charla interactiva sobre nutrición. Repaso dos distintos nutrientes, concepto de ración. Recomendacións e estratexias para crear menús saudables. Exercicio práctico.

Encontro e coloquio alpinista coruñés Félix Criado, participante na misión Makalu 2005 do programa de TVE "AL FILO DE LO IMPOSIBLE" quen falou da importancia do coidado da saúde no seu deporte.

Obxectivos do Obradoiro:

-Transmitir a importancia da activide física e a alimentación equilibrada para o coidado da saúde.

-Proporcionar actividades de reflexión acerca dos hábitos de vida.

- Ofrecer alternativas para introducir a actividade física diariamente.

- Axudar aos nenos e nenas na elaboración dun menú saudable.

Esta actividade foi levada a cabo por membros da Fundación Fedys. www.fedys.org

Baloncesto.

Se sodes capaces de realizar o que está facendo abaixo, picade enriba do debuxo e veredes unha infografía do baloncesto.

Volea.

Se picades no debuxo, iredes a ver unha infografía moi práctica da volea.

Distribuir contido