Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
PROTOCOLO A SEGUIR
Estimadas familias:
Lembramos os pais/nais do alumnado do centro que deben comunicar a ausencia dos seus fillos para que poidamos levar a cabo un seguimento axeitado na situación que estamos a vivir e para a oportuna xustificación das faltas.
Informamos do procedemento a seguir no caso dun positivo:
Cando un neno/a presente algún síntoma compatible coa Covid 19 non debe acudir á escola, deberán contactar co pediatra e seguir as indicacións do servicio de saúde, ademais de comunicalo o colexio por teléfono ou correo electrónico.
Dende o Centro educativo non podemos comunicar un positivo Covid ata que non recibimos a comunicación oficial da Central de Seguimento de Contactos(CSC) que crea o expediente e determina as medidas que se deben tomar. No momento en que hai unha PCR positiva e sanidade o comunica a familia, crea automaticamente o expediente e contacta coa coordinadora Covid do centro educativo. O centro facilita os datos que nos solicitan sobre os grupos de convivencia e as circunstancias que determinan as posibles medidas a tomar en cada caso concreto por parte de Sanidade.
Entendemos a preocupación das familias debido a situación que se está a vivir, pero queremos trasmitirlles unha mensaxe de tranquilidade xa que se están a seguir en todo momento os protocolos establecidos.
O Centro envía comunicación as familias cando Sanidade nos indica a existencia dun caso positivo, pero en ningún caso facilitamos datos persoais cumprindo así coa Lei de protección de datos. O centro non toma a decisión de confinar aulas ou grupos. Seguimos sempre as indicacións dadas polos servicios sanitarios.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Sin título.jpg | 66.58 KB |