Eventos

« Marzo 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN

Anuncio reanudación preocedemento admisión

Novo calendario de admisión

Para levar a cabo este proceso coa maior seguridade para todos/as, a solicitude de admisión farase prioritariamente de forma telemática a través da sede electrónica https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Podedes ver as instruccións para cubrilo correctamente picando AQUÍ. É moi importante para facelo correctamente.

Debedes adxuntar a esta solicitude o DNI de todos os membros da unidade familiar (por si houbera algún erro, poder facer a comprobación), o libro de familia e o padrón. Recordade que a solicitude deberá estar asinada por todas as persoas que autoricen a consulta de datos e polos proxenitores/representante legal. Como soamente é posible asinar dixitalmente o documento por unha persoa, se deberá anexar o escaneo dos documentos asinados polo resto de persoas que aparecen na solicitude e deban asinala.

Unha vez revisada a documentación presentada pola secretaría do centro, de faltar algunha documentación, poñerémonos en contacto co pais/nai ou titor/a legal dos/das solicitantes para intentar subsanar o posible erro.

De forma excepcional, para aquelas familias que non poidan facer a solicitude telemática, a secretaría do centro estará aberta de 09:00 a 14:00 a partir do 11 de maio únicamente para a presentación da solicitude xunto coa documentación necesaria, pero a atención será mediante cita previa para evitar posibles aglomeracións inncesarias. Para a solicitude de cita previa, deberase mandar un email a ceip.isidro.parga@edu.xunta.es ou ben, chamar a partir do luns 11 ao 881.880.802 de 09:00 a 14:00 horas. Só poderá vir unha persoa por alumno/a solicitante e a duración do trámite non poderá superar os 15 minutos, polo que rogamos que veña todo xa cuberto e revisado.

A secretaría só estará aberta para a presentación das solicitudes e a entrega de documentación.

Na entrada do centro haberá a disposición das familias xel desinfectante. É  necesario que cada un traia o seu bolígrafo por si houbera calquer erro na solicitude o poidan cubrir correctamente.

Toda a información en relación ao centro, lexislación, ou normas que regulan este procedemento, están dispoñibles dende o comezo do proceso na web do centro no apartado de secretaría en admisión.

MÁIS INFO SOBRE ADMISIÓN: https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipisidroparga/?q=taxonomy/term/95

AdxuntoTamaño
AnuncioG0244-050520-1_es.pdf706.01 KB
CALENDARIO ADMISIÓN NOVO COVID PDF.pdf159.88 KB
INSTRUCCIÓNS FORMULARIO.pdf176.42 KB