INFORMACIÓN IMPORTANTE
Informamos de que o vindeiro mércores 26 de febreiro non haberá clase seguindo a Orde do
calendario escolar 2019/2020
.
AVES CHEAS DE SOÑOS
O origami é unha arte milenaria que se basea en facer obxectos con papel. Conta unha lenda que a primeira grúa que se deseñou foi nos anos corenta mentres se desenvolvía a guerra de Hiroshima que deu lugar á explosión dunha bomba atómica. Naquel momento, unha nena chamada Sadako Sasaki estaba moi enferma debido á exposición á radiación. Mentres estaba no hospital, o seu amigo Chizuko aconselloulle que fixese grúas de papel xa que se conseguía chegar a facer 1000 podería pedir un desexo. O desexo de Sadako era curarse e que finalizase a guerra. O CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal quixo conmemorar o Día da paz enchendo o centro de grúas.
Os nenos/as de 5º e 6º de primaria, acompañados pola súa mestra Alba foron contando a historia de Sadako pot todas as aulas e axudando aos compañeiras/os a facer a súa grúa.O resultado foi una total implicación tanto do alumnado como do profesorado chegando a facer 1450 grúas de papel!
Todo o centro foi decorado con grúas cargadas de desexos...
Pero a historia non remata ahí...
Saiu unha noticia no Blogue da Aula Hospitalaria, Materno Infantil coa idea de visibilizar unha realidade que vense incrementando cada ano, o cancro infantil. Por iso, o 15 de Febreiro querían encher de grúas con mensaxe de alento e positividade os teitos e pasillos das Salas de Oncoloxía Pediátrica e a Aula Hospitalaria de Hopsital Materno Infantil de A Coruña.
E así foi como as nosas grúas voaron...
Esperamos que os vosos desexos se cumpran.
ÁNIMO AMIGOS/AS
XORNADA DE PORTAS ABERTAS
Para as familias interesadas en matricular aos seus fillos/as o vindeiro curso no noso centro, faremos unha xornada de portas abertas o XOVES, 20 DE FEBREIRO ÁS 16:15 para amosarlles o Colexio e as súas instalacións, así como os servizos que prestan o Centro e a ANPA.
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DACULTURA E O DEPORTE CURSO 2019
O Concello de Oleiros colabora no ano 2019 co noso centro coa cantidade de 7660 € para a realización de actividades didácticas e culturais así como para a adquisición de material didáctico para Ed. Infantil.
AVISOS
PEDIMOS AS FAMILIAS QUE, DEBIDO Á SITUACIÓN QUE ESTÁ VIVIR O CENTRO COAS OBRAS, DESPEXEN A ZONA DA ENTRADA DO PATIO DE EDUCACIÓN PRIMARIA, FACILITANDO ASÍ QUE OS NENOS/AS QUE VEÑEN NO TRANSPORTE ESCOLAR POIDAN ACCEDER AO CENTRO.
AXUDAS DO CONCELLO PARA O COMEDOR ESCOLAR
No Boletín Oficial da Provincia do 15 de xullo saiu publicado o extracto da convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares no curso escolar 2019/2020.
As bases e o modelo normalizado para solicitar a axuda atópanse na web do Concello de Oleiros, na concellería de Ensino e Xuventude. Tamén as podes descargar aquí:
O prazo de solicitude ábrese o día 16 de xullo e remata o 30 de setembro. A solicitude hai que entregala no Rexistro xeral sito no Centro Cultural A Fábrica.
REUNIÓN 3 ANOS
A atención das familias dos nenos/as que comezarán a cursar 4º de Educación Infantil.
O xoves 5 de Setembro as 16:00 horas haberá unha reunión na aula de música para entregar os horarios do período de adaptación e coñecer as mestras.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »
