Eventos

« Xaneiro 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

ALUMNOS DE 2º DENDE A CASA

Os nenos/as de 2º do noso cole tamén quixeron lembrar os seus mestres/as e mandaron esta mensaxe de ánimo.

Graciñas e bicos para todos.

https://drive.google.com/file/d/1gc8y0H3K-qr2tRCgXEF2dSqQfGiHgY28/view?u...

ESCAPE ROOM VIRTUAL

Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...

Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.

Unha forma moi divertida de aprender :)

ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...

BOA SORTE A TODOS E A TODAS!

 

ESCAPE GAME VIRTUAL

 

Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.

Xa estades preparadas para realizar as misións!

Confinamento alumnado de 5º E.P

Os alumnos/as do Ceip Plurilíngüe Isidro Parga Pondal de 5º de E.P quixeron ter unha mostra de agarimo co profesorado, e o persoal non docente que traballa no Centro ( persoal de limpeza, ANPA, comedor, transporte...) e fixeron este video tan xenial.

Moitas Grazas :) Fíxonos moita ilusión. 

Sodes xeniales!

 

 

Confinamento Ceip Isidro Parga Pondal

Unha mostra do noso agarimo cara a vós/as familias :)

Todo sairá ben! 

GRAZAS!

CUESTIONARIO TECNOLOXÍAS ALUMNADO


De cara a mellorar a comunicación, solventar posibles dificultades e na medida do posible, mellorar a nosa interacción co alumnado de cara ao terceiro trimestre, a nivel de centro é imprescindible responder ás seguintes cuestións.

(Só deberán respostar a estas preguntas as familias ás que non lles funcione correctamente o Tokapp e non poidan respostar ás respectivas titoras,  enviado as respostas a dirección de correo do centro ceip.isidro.parga@edu.xunta.es sinalando o nome do alumno/a.)

1-O alumnado dispón de Tablet, ordeador para o seu uso persoal?


2-Podédes acceder ao contido/actividades que están sendo pautados e enviados polos titores/as?


3-Tedes acceso a internet?


4-Tedes impresora na casa?


5-Considerades que é pouca ou moita tarefa? Ou está ben?


6-¿Qué contidos vos están resultando máis doados ou difíciles de traballar?





BOLETÍNS 2º AVALIACIÓN

Seguindo as INSTRUCIÓNS DO 27 DE MARZO, DIRIXIDAS ÁS DIRECCIÓNS DOS CENTROS EDUCATIVOS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO SOBRE A CONCRECIÓN DE MEDIDAS A ADOPTAR EN RELACIÓN COA AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE, nas que se expresa que "a efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril. 

Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data", queremos destacar que:

A avaliación do segundo trimestre terá en conta só o traballo desenvolvido ata o día no que se declarou o estado de alarma.

Debido ás especiais circunstacias que estamos a vivir, as calificacións deste segundo trimestre serán enviadas a través do programa ABALAR MÓVIL.

AbalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha  tablet, e que permite ás familias consultar a información de calquera dos  seus fillos a través destes dispositivos.

A descarga desta aplicación faise desde  Apple  store (se o sistema operativo é  IOS) ou desde Play  Store (se o sistema operativo é Android).

 
 

As familias que descarguen  abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais

• Consultar as cualificacións

• Consultar e xustificar as faltas de asistencia

• Consultar as faltas de  conduta

• Solicitar unha cita de titoría

• Consultar os datos do centro educativo

• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

• Modificar o idioma da aplicación

A aplicación  abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de se mesmos.

Están ao dispor das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar desde o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación  abalarMóbil.

A mensaxería de  abalarMóbil é unha nova funcionalidade que ten como obxectivo facilitar a comunicación entre o centro e os responsables. Esta nova sección está dispoñible a partir da versión 1.3.0 da aplicación móbil tanto para dispositivos Android como  iOS.

Manual para os responsables

Manual familias

 

Departamento de Orientación

Estimadas familias,

Para facilitar o acceso ao blogue do Departamento de Orientación creamos un bloque de contidos no lateral esquerdo desta páxina. 

Clicando nel, lévavos directamente ao blogue para poder visualizar contidos e información relevante respecto diso.

NOVAS INSTRUCCIÓNS SOBRE A AVALIACIÓN DO ALUMNADO NO SEGUNDO TRIMESTRE

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou no día hoxe, 25 de marzo, na Conferencia Sectorial de Educación, convocada para analizar o impacto e as medidas en relación coa interrupción da actividade lectiva presencial con motivo da declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central. No encontro houbo consenso xeneralizado de manter o calendario escolar, co obxectivo de transmitir unha mensaxe de continuidade e normalidade respecto ao ámbito académico.

Nesta liña, acordouse avaliar o segundo trimestre co traballo desenvolvido ata a interrupción das clases presenciais e modificar os contidos e competencias básicas previstas para o terceiro trimestre. Estas modificacións abordaranse nunha xuntanza en abril. Ademais, decidiuse suspender este curso as probas de avaliación diagnóstica.

APRENDEMOS NA CASA

Para facilitar o traballo dende casa dos máis cativos, o Ministerio de Educación e Formación Profesional e RTVE lanzan "Aprendemos en casa".

Nota de prensa

Distribuir contido