Eventos

« Decembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

TRANSPORTE ESCOLAR 20-21 LISTAXES

Estimadas familias:

As listaxes provisionais dos admitidos no transporte escolar para o vindeiro curso 20-21 publicouse na Secretaría do centro.

Ditas listas foron elaboradas seguindo a Instrución 1/2020 sobre a Xestión de transporte escolar curso 20-21.

Serán publicadas única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

As persoas interesadas poderán consultar as listaxes no taboleiro e poderán presentar as alegacións oportunas nos 3 días seguintes a publicación das mesmas, é dicir, o martes, mércores e xoves ( 14, 15 e 16 de xullo).

LISTADO DEFINITIVO DE FONDO LIBROS E AXDUDAS PARA MATERIAL

Bo día familias:

Esta mañá publicarase na secretaría do centro o listado DEFINITIVO dos admitidos e excluidos no fondo solidario de texto e axudas para material escolar. Ao non haber reclamacións, non houbo modificacións das listaxes provisionais.

Poden pasar a retirar os vales dende hoxe mesmo ata o 17 de xullo. Os non recollidos serán entregados xa en setembro.

Os libros do fondo entregaranse en setembro.

Seguindo a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes que fixeran o citado procedemento por vía telemática, poderán acceder ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

Santa Cruz, 8 de xullo de 2020

LISTADO PROVISIONAL DE FONDO LIBROS E AXUDAS MATERIAL

Bo día familias:

Esta mañá publicarase na secretaría do centro o listado provisonal dos admitidos e excluidos no fondo solidario de texto e axudas para material escolar.

Seguindo a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar, estes actos publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar.

Así mesmo, as persoas solicitantes que fixeran o citado procedemento por vía telemática, poderán acceder ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional da Moeda e Timbre.

As persoas interesadas poderán reclamar nos dous (2) días seguintes á publicación da listaxe provisional, é dicir, recolleranse as reclamacións o luns 6 e o martes 7.

Finalmente, se publicará a listaxe definitiva de solicitudes admitidas cos libros asignados e, de ser o caso, o número de libros complementarios que lles correspondan.

Santa Cruz, 3 de xullo de 2020

 

 

Publicación de Notas Espazo Abalar

Estimadas familias:

Recordarvos que mañá poderedes ver as notas dos vosos/as fillos/as a través da aplicación Abalar Móbil. Seguindo as instruccións da avaliación, as notas da terceira avaliación  quedarán sen cubrir en Educación Primaria, quedando cubertas as notas da Ordinaria. 

Moitas grazas polo traballo e esforzo realizado.

Un saúdo.

VIDEO MEDIOAMBIENTE

Aquí tedes unha recopilación dos debuxos dos nenos/as que participaron na actividade de Medioambiente.

Moitas grazas :) 

ALUMNOS DE 2º DENDE A CASA

Os nenos/as de 2º do noso cole tamén quixeron lembrar os seus mestres/as e mandaron esta mensaxe de ánimo.

Graciñas e bicos para todos.

https://drive.google.com/file/d/1gc8y0H3K-qr2tRCgXEF2dSqQfGiHgY28/view?u...

ESCAPE ROOM VIRTUAL

Despois de 45 días confinados... dicirvos que sodes uns campións e campioas! Sentimonos moi orgullosos. Aínda que cada vez vai costando máis sentarse a traballar, estamos máis cansos, o sabemos...

Polo que propoñemos un xogo: ESCAPE GAME.

Unha forma moi divertida de aprender :)

ESTADES ATRAPADOS NO COLEXIO. TEDES QUE ESCOLLER UN PERSOAXE E IR SUPERANDO CADA MISIÓN PARA PODER ABRIR AS PORTAS ANTES DE QUE O TEMPO FINALICE...

BOA SORTE A TODOS E A TODAS!

 

ESCAPE GAME VIRTUAL

 

Pinchades no enlace e xa vos aparece a pantalla principal para comezar o xogo. Recordade antes de comezar as misións de ler a introdución e escoller un persoaxe.

Xa estades preparadas para realizar as misións!

Confinamento alumnado de 5º E.P

Os alumnos/as do Ceip Plurilíngüe Isidro Parga Pondal de 5º de E.P quixeron ter unha mostra de agarimo co profesorado, e o persoal non docente que traballa no Centro ( persoal de limpeza, ANPA, comedor, transporte...) e fixeron este video tan xenial.

Moitas Grazas :) Fíxonos moita ilusión. 

Sodes xeniales!

 

 

Confinamento Ceip Isidro Parga Pondal

Unha mostra do noso agarimo cara a vós/as familias :)

Todo sairá ben! 

GRAZAS!

Distribuir contido