Eventos

« Decembro 2020 »
LunMarMérXovVenSábDom
123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031

PRESENTACIÓN CURSO 20-21

Estimadas familias:

Mañá comeza un novo curso cheo de inquedanzas e nervios que entre todos e todas conseguiremos sacar adiante o mellor posible.

Nesta presentación queremos facervos un resumo de todas as novas normas para que este primeiro día sexa máis sinxelo.

PRESENTACIÓN CEIP PLURILINGÜE ISIDRO PARGA PONDAL

Gracias pola vosa colaboración

Santa Cruz, 9 de setembro de 2020

ABALAR MÓBIL IMPORTANTE

Bo día familias:

Todavía hai familias que non teñen descargada a aplicación de ABALAR MÓBIL. Este curso será o medio polo que nos comunicaremos coas familias, polo que é de suma importancia que contedes coa aplicación.

Deixámosvos co anuncio publicado xa antes do comezo de curso:

Queremos informarvos que a partir do vindeiro día 10 de setembro, co comezo do novo curso, cambiaremos o medio de comunicación entre o centro e familias, comenzando a utilizar ABALAR MÓBIL, aplicación coa que xa no curso pasado recibíchedes as calificacións do alumnado.

Esta decisión foi aprobada no último claustro e consello escolar do curso 19/20.

Este ano é de especial importancia ter os teléfonos actualizados e operativos, así que ás familias que cambiaran de número de teléfono deben comunicalo á secretaría do centro para que sexa modificado o antes posible.

Deixamos o manual para familias da citada aplicación con todos os pasos a seguir.

GUÍA ABALAR MÓBIL FAMILIAS

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN COVID19

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN

PROGRAMA DE ACOLLIDA

PROTOCOLO DE COMEDOR

PROTOCOLO DE ANP

PLAN DE CONTINXENCIA

 

A DIRECCIÓN

07/09/2021

 
 
 
What do you want to do ?

New mail

 
What do you want to do ?

New mail

Reunións de 4 e 5 anos

As mestras do alumnado de 4 e 5 anos farán chegar ás familias antes do inicio de curso unha presentación con toda a información necesaria para este comenzo de curso a través de tokapp.

En caso de ter algún problema na recepción do documento deberán poñerse en contacto coas mestras a través dos medios utilizados no curso anterior (Correo electrónico).

Un saúdo

Equipo de infantil

INFORMACIÓN FAMILIAS

Segundo a información publicada o 31.08.2020 no Portal da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, o inicio da actividade lectiva será do seguinte xeito:

Xoves 10 de setembro: Alumnado de 4º e 5º Educación infantil, 1º, 2º e 3º Educación Primaria.

Venres 11 de setembro: Alumnado de 6º Ed. Infantil, 4º, 5º e 6º Educación Primaria.

MATERIAIS CURSO 20-21

MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 20-21

1º PRIMARIA

2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

4º PRIMARIA

5º PRIMARIA A

5º PRIMARIA B

6º PRIMARIA

 EN BREVE FACILITAREMOS UNHA LISTAXE DE MATERIAL DE ED. FÍSICA.

O CENTRO DISPÓN DE MATERIAL, A SÚA COMPRA É TOTALMENTE VOLUNTARIA. NO CASO DE QUE PREFIRAN EMPREGAR O PROPIO MATERIAL DEBERÁ VIR CORRECTAMENTE MARCADA CO NOME DO NENO E O CURSO.

DEBERÁN COMPRAR UNS PETOS DE CORES  VARIADAS, A COR CORRESPONDENTE  SERÁ INDICADA POLO MESTRE A CADA NENO/A. ESTA COMPRA NON SUPÓN UN COSTE MOI ELEVADO E RESULTA MELLOR PARA EVITAR A MISTURA DE PRENDAS QUE SERÁN EMPREGADAS POLOS ALUMNOS.

AVISO IMPORTANTE REUNIÓN ALUMNADO 4º INFANTIL

Queridas familias:

Por orde de inspección e seguindo as instruccións da consellería de sanidade, as reunións previstas para o vindeiro luns sufren modificacións quedando do seguinte xeito:

4º EDUCACIÓN INFANTIL A

LUNS 7 DE SETEMBRO

  • 1º QUENDA: 09:00
  • 2º QUENDA: 10:30
  • 3º QUENDA: 12:30

 

4º EDUCACIÓN INFANTIL B

MARTES 8 DE SETEMBRO

  • 1º QUENDA: 09:00
  • 2º QUENDA: 10:30
  • 3º QUENDA: 12:30

Recordamos que só poderá acudir unha persoa por cada alumno/a, para non superar os aforos permitidos. Será obrigatorio o uso de mascarilla.

TERÁN UNHA DURACIÓN APROXIMADA DE 1H PARA NA MEDIA HORA RESTANTE PODER PROCEDER Á DESINFECCIÓN DA AULA.

ROGAMOS MÁXIMA PUNTUALIDADE PARA EVITAR AGLOMERACIÓNS INNECESARIAS.

Ao longo de hoxe recibirán unha chamada por parte da dirección do centro para saber a que grupo pertencen cada neno/a xa que por protección de datos nos podemos facer públicas estas listaxes.

Un saúdo

04 de Agosto de 2020

 

AXUDAS DO CONCELLO PARA O COMEDOR ESCOLAR

Benqueridas familias:

O 24 de agosto publicouse no BOP da provincia de A Coruña a convocatoria de axudas para asistencia a comedores escolares xestionados pola ANPAS dos centros de ensino público de Oleiros para o curso 2020 – 2021. BOP do 24/8

Poderán ser beneficiarios destas axudas os representantes legais de alumnos/as matriculados en ditos centros para o curso escolar 2020-2021.

Os interesados en solicitar esta axuda poden atopar toda a documentación relacionada (bases, convocatoria e formulario de inscrición) no apartado da Concellería de Ensino e Xuventude da páxina web do Concello de Oleiros.

 

As solicitudes presentaranse no Rexistro xeral do Centro Cultura “A Fábrica” (rúa do Inglés, núm. 13 – Perillo) dende o martes 25 de agosto ata o día 30 de setembro de 2020.

 

Enlace a páxina do Concello de Oleiros:

http://www.oleiros.org/web/concello-oleiros/c-ensino-e-xuventude;jsessionid=7D9A00548E0E5D734AB91A02FFFA9CAB?p_p_id=EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_0IMd&p_p_lifecycle=0&p_p_state=normal&p_p_mode=view&p_p_col_id=columna-1&p_p_col_pos=1&p_p_col_count=3&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_0IMd_struts_action=%2Fext%2Fpublicador%2Fview_content&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_0IMd_assetId=7221267&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_0IMd_urlTitle=bases-reguladoras-axudas-comedores-escolares-2020-2021&_EXT_PUBLICADOR_INSTANCE_0IMd_type=content&redirect=%2Fweb%2Fconcello-oleiros%2Fc-ensino-e-xuventude

INICIO DE CURSO

Estimadas familias:

Dende o equipo directivo queremos informarlles de que estase a facer o Plan de Continxencia así coma o protocolo de adaptación ao contexto do covid-19 elaborado pola Xunta de Galicia o 22/7/2020.

Igualmente, a ANPA  Bidueiro e esta dirección están a traballar do mesmo xeito o relativo a madrugadores, comedor e actividades extraescolares. A Anpa está a realizar o seu propio protocolo para adxuntar ao protocolo do centro educativo coordinado por unha empresa de prevención de riscos laborais.

O Protocolo será presentado ao claustro de Mestres o día 1 de setembro para dar traslado do mesmo a Inspección educativa para a súa aprobación e posta en funcionamento.

Nese intre, será dado a coñecer a toda a comunidade educativa por medio da páxina web do centro educativo.

Ademais serán dadas a coñecer todas as medidas no que fai referencia as entradas e saídas, recreos ou outras medidas que se tomen e afecten a vida escolar dos nosos alumnos/as. Pregamos a súa colaboración para facer estas medidas o máis operativas e efectivas posible.

Por suposto que este centro está a tomar todas as medidas en materia de prevención, seguridade e hixiene sanitaria para transformalo nun espazo o máis protexido posible dentro das nosas competencias, posibilidades e características.

Estamos planificando a organización do centro con Grupos de Convivencia estable con medidas particulares en cada aula e na utilización dos espazos destinados a recreos, de xeito que non teñan contacto con outras aulas.

Evitaremos os desprazamentos polo centro educativo do alumnado e tomaremos as medidas hixiénico-sanitarias adaptadas ao protocolo proporcionado pola Consellería así como a adaptación a todas as actualizacións ou novas instrucións e medidas que se poidan producir.

Do mesmo xeito, aquelas medidas que poidan xurdir da reunión sectorial de Educación por parte do Estado e de todas as Comunidades Autónomas, serán incluídas no protocolo tan pronto se produzan.

Agradecemos de antemán a súa colaboración e desculpen as molestias que  poidan ocasionar na normalidade das nosas vidas. Estamos seguros de que seremos capaces de saír reforzados de toda esta situación.

A espera de poder facilitar unha información máis detallada, reciban un  cordial e afectuoso saúdo

    A dirección.

Distribuir contido