Skip to Content

Complementarias

II Certame de Poesía

PRIMEIRO CICLO

1º Premio:  Lara Rodríguez Pintos (2ºA).       Poesía

2º Premio:  Mariña Agis Doce (1ºA).               Poesía

3º Premio:  Noa Viñas Rodríguez (2ºB).         Poesía

 

SEGUNDO CICLO

1º Premio:  Nerea Pacheco Casas (4ºB).        Poesía

2º Premio:  Laura Villanueva Méndez (3ºB).  Poesía

3º Premio:  Isaac Neira Correa (3ºB).             Poesía

 

TERCEIRO CICLO

1º Premio:  Sergio Martínez Pérez (5ºB).       Poesía

2º Premio:  Miguel Villaverde Alonso (5ºB).   Poesía

3º Premio:  Laura Míguez Gómez (6ºB).         Poesía

 

ADULTOS

1º Premio:  Marcos Martínez Sueiro.                Poesía

2º Premio:  Elvira Martínez Torres.                  Poesía

3º Premio:  José Manuel Vales Lozano.            Poesía

 

 

 

 

 

 

Visita ao IES de Poio.

     

Visita ao IES Luis Seoane

 

Visita ao IES Luís Seoane.

O día 5 de febreiro de 2015, os alumnos de 6º visitamos o IES de Monteporreiro, Luís Seoane.

Ao entrar había un corredor enorme cun mural sobre a paz; nel aparecían historias de paz, debuxos, bonecas e xoguetes cos que os nenos xogaban antes do Holocauso, onde morreron un millón e  medio de rapaces. 

Fixemos tres grupos de dez alumnos; cada un tiña o seu monitor, un alumno de 4º da ESO.Cubrimos unha ficha con preguntas sobre a exposición; despois visitamos a cafetería; invitáronnos a un chocolate con galletas.

Finalmente estivemos na biblioteca onde fixemos un puzle.

Pasámolo xenial. A visita foi moi interesante.  

         (6ºA)     

 

 

Día da Paz.

  

O venres 30 de xaneiro celebramos no colexio o día da Paz.

Viñeron da Casa Rosada, reunímonos todas as clases no ximnasio, cantamos e bailamos a canción ,"Hecho con tus sueños", de Maldita Nerea e cada clase levou un paraugas con mensaxes escritos en gotas de auga por todolos nenos do colexio.

Algúns representantes do alumnado presentáronnos un traballo sobre Caddy Adzuba feito entre todos. Era a persoa de paz das escolas UNESCO 2015.

             

 

 

 

 

 

Debido ao mal tempo tivemos que aplazar a carreira "Save the Children" que todos os anos facemos. Farémola cando o tempo o permita.

( 6º B )         

 

Enlace da presentación de Caddy Adzba, feita polos alumnos.

 

 

 

 

              

 

Charla Sobre os riscos de internet

O pasado mércores os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Primaria participaron nunha charla organizada pola ANPA sobre os riscos do uso de Internet e as precaucións que debemos adoptar na utilización desta ferramenta dixital. O noso alumnado pensa que foi moi interesante, que os fixo reflexionar e incluso arrepentirse dalgunhas das cousas que fixeran con anterioridade.

                         

Visita dos alumnos de Infantil á Biblioteca de Pontevedra.

O mércores 12 de febreiro o alumnado de 5º e 6º de educación infantil fomos  de excursión  á Biblioteca Pública de Pontevedra, “Antonio Odriozola”, alí ensináronnos as dependencias da biblioteca, explicáronnos como poder levar libros para a casa e contáronnos o conto de Cocorico.
Gustounos moito !!!!!

Máis fotos.

Os alumnos de 2º Ciclo van de aventura por Pontevedra.

O venres 31 de xaneiro, un día de chuvia, visitamos  Pontevedra.
Recorremos a zona vella da cidade .Tras unha pequena explicación da guía que nos acompañou , comezamos a nosa andadura.
A nosa primeira parada foi na casa das Campás, vivenda dun antigo pirata chamado Benito Soto, que fixo célebre a frase “os mortos non falan “e din que alí escondeu  un tesouro que ninguén atopou.
Seguidamente visitamos distintas prazas de Pontevedra adicadas antigamente aos distintos oficios. Arredor delas  vimos casas; algunhas  parecían de bonecas. Moitas delas teñen un escudo; os seus debuxos están relacionados cos apelidos das familias que nelas viviron.
Entre as pedras, en vez de cemento, poñían cunchas e as gaivotas picaban nelas.
Vimos unha fonte, na que para poder  beber hai que empurrar unha lingua.
Visitamos distintas prazas  cada unha delas coa súa propia historia: Praza da Ferrería, Praza da Verdura -na que hai unha farmacia  moi antiga - e a  Praza do Leite. Estas prazas manteñen o nome da súa vocación mercantil tradicional. Na Praza da Peregrina  vimos a estatua do loro Ravachol, loro singular  e parlanchín que dende o seu posto na botica de don Perfecto tuteou con gracia e sen respecto a todas as persoas da cidade. Din que cando entraba xente na botica dicía: “Don Perfeuto parroquia” o “Xente na tenda”.
Iamos de paseo pola rúa Peregrina, despois de  ver a fonte dos Nenos e…SORPRESA!!! Atopamos un pallaso moi gracioso, simpático e colorido co nariz vermello e unha perruca da mesma cor.  Rodeámolo e cantamos  “ADIÓS DON PEPITO, ADIÓS DON JOSÉ...”
Despois fomos a merendar debaixo duns soportais porque chovía. A continuación fomos ao teatro onde vimos a obra “Sandra e Meirol en Xistralia”. E por último voltamos ao colexio.
Foi un día XENIAL!

Saída dos alumnos de 1º a Pontevedra.

 

  Os alumnos de 1º foron de visita ó centro histórico de Pontevedra dentro do programa “Roteiro dos Bolechas”. A actividade ten como finalidade coñecer este espazo e dinamizar o uso do galego. Esta iniciativa está organizada pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
A continuación trasladáronse á panadería Acuña onde coñeceron o proceso de elaboración do pan, poñéndose eles mesmos coas mans na masa, para facer uns boliños e pequenas barras. Alí foron agasallados cunha napolitana e un boliño para cada un.
 

NOVAS

          

        

           

     

 

 

CURSO 2016/2017

 

                                                          


CURSO 2015/2016

LIBROS DE TEXTO 2016/2017

Libros de texto 2016/2017:     Infantil,      1º y 2º,    3º y 4º,     5º y 6º

Entrega de premios de ART POSTAL de la UNESCO.

Educación Vial. Fotos.

Proxecto Welcome to the United Kingdom.

III Certame de Poesía.

Fondo Solidario e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar para o curso 2016/2017.

Xornada de convivencia cos alumnos do Colexio Eduardo Pondal de Cangas.

Visitounos o grupo de teatro " Fiuncho Teatro " formado por alumnos del IES Luis Seoane.

O noso centro foi seleccionado entre os gañadores do Concurso "Mi clase solidaria" convocado por Save The Children.

Día do libro.

Alfredo Gómez Cerdá visitou aos alumnos de 3º e 4º.

III Certame de Poesía.

Admisión de alumnos. Lista provisional de admitidos.

Despedimos a Neira Vilas.

O lobishome.:   Video. Presentación.

Aprendiz de chef. 4ºA.

VI Encontro das Escolas Unesco de Galicia.

Galletas de Manteiga. 4ºB.

Entroido 2016. Video.

Admisión de alumnos para o curso 2016/2017.

Traballando por un desarrollo sostible.      Vídeo.

Os dereitos humanos.

Magosto.

Palabras de Caramelo.

Samaín.

Os alumnos e alumnas de segundo visitaron o IES Luis Seoane.

Visitounos Luisa Márquez, coordinadora galega das Escolas Asociadas á UNESCO.

Plan de lectura. Libros recomendados.

 

Saídas programadas para o Terceiro Ciclo de Primaria

  • Centro Social Novacaixagalicia:   Odaiko nas Escolas.
  • A Coruña: A Domus e o Planetario (6º).
  • Mosteiro de Poio (6º).
  • Canóns  do Sil (6º).
Distribuir contido


by Dr. Radut