Escolares

DÍA DA PAZ

Saimos a vendimiar

Palabras de Caramelo

Día da Poesía

DÍA MUNDIAL DA POESÍA.

 
Este ano para a conmemoración deste día tivemos dous eventos diferentes:

Apadriñamento lector.
23 nenos e nenas de 4º da ESO do IES de Poio, algúns deles antigos alumnos do cole, acompañados de tres profesoras, viñeron a facer xunto cos alumnos de Educación Infantil un apadriñamento lector. Cada neno de Infantil elexía un padriño para a lectura dun conto.
Distribuímolos en tres espazos distintos: A biblioteca, a aula de audiovisuais e a propia aula de Infantil de 5 anos. Resultou unha actividade motivadora e enriquecedora para os dous grupos.

 

 

 

Entrega de premios do 1º certame de poesía.

O segundo evento foi a entrega de premios que se realizou a raíz de convocar no cole o 1º Certame de Poesía para toda a comunidade educativa. Repartíronse premios ás poesías premiadas e por último léronse as catro poesías gañadoras.
Obtiveron premios:
Candela Silva Muíños        2ºA
Noa Viñas Rodríguez        1ºB
Dairon Martínez Veste        2ºA
Miguel Villaverde Alonso    4ºB
Caroliña Amorín González    4ºA
3ºB e 4ºB
Gonzalo Sanmartín Barragáns    6ºB
Aitana Domíngez Oitabén    5ºA
Tania Castiñeira Rosales    5ºA
Angel Ferreño Sanmartín    5ºA
Faustino Ucha
Susana Hidalgo
Marcos Martínez
Antía Villanueva Fernández   
Aula de 3 anos.

     

 

Día da Paz

O pasado xoves 30 celebramos o dia da paz en colaboración coa concellería de Asuntos Sociais. Os nenos e nenas colocaron os seus desexos de boa vontade en plumas de colores que uniron mediante cintas a uns atrapasonos q nos trouxeron as nosas amigas Ana e Elena da Casa Rosada.
Posteriormente diferentes grupos de alumnos e alumnas representaron mediante ''Yogote''  a frase, "Todo parece imposible hasta que está hecho", de Nelson Mandela, nos diferentes idiomas que estan representados no colexio.
Despois todos xuntos cantamos a cancion: "Los niños queremos la Paz".
Como todos os anos, finalizamos o acto coa carreira solidaria, "10 Anos Sobresaíndo en Solidaridade", para colaborar coa ONX, Save the Children e axudar a que os nenos e nenas, en Etiopía, reciban a atención sanitaria e a alimentación que necesitan para sobrevivir.
  • Podedes ver fotos na galería.

Fotos Ezcaray

Albúms de fotos do curso 2008-2009.

No seguinte enlace hai fotos de cursos pasados, de cando tíñamos a outra páxina web

albúm

Distribuir contido