Skip to Content

Entroido 2018

O mércores, día 7 de febreiro, celebramos o Entroido.

Este ano foi diferente aos anteriores; en lugar  do desfile pola Reiboa, preparamos un festival de "MUSICAIS".

Representamos as nosas actuacións no pavillón. Foi moi emocionante porque estaban pais, avós, tíos, amigos... Que nervios tiñamos!

  

Os nenos de infantil bailaron o musical de "Cabaret"; os de primeiro e segundo, "Bolywood"; os de terceiro, " Sete noivos para sete irmás"; os de cuarto, "O Mago de Oz"; os de quinto, "Peter Pan" e os de sexto, "Grease".

  

 

Foi un traballo en equipo, entre profes, pais e alumnos. Cremos que pagou a pena.

Aplaudíronnos moito os familiares e amigos e notábase que estaban moi contentos.

Ao rematar as actuacións, Tino púxonos música e bailamos todos xuntos.Foi un  día moi divertido.

      Alumnos de 5º

VIDEO



page | by Dr. Radut