O venres 31 de xaneiro, un día de chuvia, visitamos Pontevedra. Recorremos a zona vella da cidade .Tras unha pequena explicación da guía que nos acompañou , comezamos a nosa andadura. A nosa primeira parada foi na casa das Campás, vivenda dun antigo pirata chamado Benito Soto, que fixo célebre a frase “os mortos non falan “e din que alí escondeu un tesouro que ninguén atopou. |
|
Seguidamente visitamos distintas prazas de Pontevedra adicadas antigamente aos distintos oficios. Arredor delas vimos casas; algunhas parecían de bonecas. Moitas delas teñen un escudo; os seus debuxos están relacionados cos apelidos das familias que nelas viviron. Entre as pedras, en vez de cemento, poñían cunchas e as gaivotas picaban nelas. |
|
Vimos unha fonte, na que para poder beber hai que empurrar unha lingua. Visitamos distintas prazas cada unha delas coa súa propia historia: Praza da Ferrería, Praza da Verdura -na que hai unha farmacia moi antiga - e a Praza do Leite. Estas prazas manteñen o nome da súa vocación mercantil tradicional. Na Praza da Peregrina vimos a estatua do loro Ravachol, loro singular e parlanchín que dende o seu posto na botica de don Perfecto tuteou con gracia e sen respecto a todas as persoas da cidade. Din que cando entraba xente na botica dicía: “Don Perfeuto parroquia” o “Xente na tenda”. |
|
Iamos de paseo pola rúa Peregrina, despois de ver a fonte dos Nenos e…SORPRESA!!! Atopamos un pallaso moi gracioso, simpático e colorido co nariz vermello e unha perruca da mesma cor. Rodeámolo e cantamos “ADIÓS DON PEPITO, ADIÓS DON JOSÉ...” Despois fomos a merendar debaixo duns soportais porque chovía. A continuación fomos ao teatro onde vimos a obra “Sandra e Meirol en Xistralia”. E por último voltamos ao colexio. Foi un día XENIAL! |
![]() |