Skip to Content

Saída dos alumnos de 1º a Pontevedra.

 

  Os alumnos de 1º foron de visita ó centro histórico de Pontevedra dentro do programa “Roteiro dos Bolechas”. A actividade ten como finalidade coñecer este espazo e dinamizar o uso do galego. Esta iniciativa está organizada pola Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra.
A continuación trasladáronse á panadería Acuña onde coñeceron o proceso de elaboración do pan, poñéndose eles mesmos coas mans na masa, para facer uns boliños e pequenas barras. Alí foron agasallados cunha napolitana e un boliño para cada un.
 


page | by Dr. Radut